Emilio Canda Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Canda Pérez
Nacemento1911
 Ribadavia
Falecemento10 de outubro de 1998
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiEmilio Canda Adán
editar datos en Wikidata ]

Emilio Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1911 e finado en Madrid o 10 de outubro de 1998[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Emilio Canda Adán. Foi redactor-xefe de Vida Gallega dende 1929 e, despois da sublevación do 18 de xullo de 1936, redactor-xefe e director do periódico falanxista ourensán Rumbo (1937), que despois cambiou o seu nome a Arco. Dirixiu a revista pontevedresa Mar, de Ediciones Céltiga, foi un dos fundadores, e despois director de Finisterre (1943) con Sabino Torres e Celso Emilio Ferreiro e en 1945 fundou a revista Ciudad que tamén dirixiu. Trasladouse a Madrid, dirixiu a revista Crítica e en 1954 fundou e dirixiu Ilustración Gallega. Como autor dramático estreou en Vigo en 1940 a comedia Maese Recuerdo e obtivo o Premio Nacional de Teatro en 1965 pola comedia Caminos de Damasco. Tamén foi guionista de cine.

Casou con Carmen Moreno en 1952.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • En un cuarto de hora. Comedia en tres actos, 1941.
  • Caminos de Damasco. Comedia dramática en dos actos, 1965.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Consigna. Memorias de un Alférez Provisional, 1942.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]