Elena Gallego Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Gallego Abad
Elena Gallego.jpg
Elena Gallego Abad no Culturgal 2010.
Nome completoElena Gallego Abad
Nacemento27 de maio de 1969
Lugar de nacementoTeruel
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritora
Na rede
https://www.elenagallego.es/gl
Facebook: elena.gallegoabad Twitter: elenagallegoab Bitraga: 4307 AELG: 422 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elena Gallego Abad, nada en Teruel[1] o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense (Uniprex).

Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 a 2013 traballou na delegación dese medio en Cangas.[2] Foi conferenciante e articulista en medios como Diario de Pontevedra, con diversas reportaxes na revista Luzes. Impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.[3]

Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas.[4] Foi pregoeira das Festas da Virxe do Carme de Marín 2015[5] e da Feira do Libro de Verín 2018.[6]

Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010 (11ª edición en 2019); logo Dragal II. A metamorfose do dragón (4ª ed. en 2019); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), 2ª ed. en 2019. En 2015 comezou unha nova triloxía con Dragal IV. A estirpe do dragón e Dragal V. O segredo do dragón (2019).[7]

O Proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia con base na triloxía literaria Dragal. A produtora galega Ficción Producciones apostou por desenvolver un ambicioso proxecto que inclúe a acomodación da saga literaria a formatos cunha clara vertente tecnolóxica: adaptación ao cinema, creación de videoxogos para varias plataformas ou montaxe dun cómic. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da coordinación central dos equipos de dinamización da lingua galega, sumouse no curso académico 2013-2014 ao Proxecto Dragal, con máis de 532 alumnos de ESO e 40 profesores de 7 centros de ensino secundario de Galicia[8]. Na segunda edición do Proxecto Dragal, no curso 2014-2015, a experiencia ampliouse a 11 centros das catro provincias galegas con 659 alumnos e 55 profesores.[9] No curso 2015-2016 Dragal chegou a 260 alumnos e alumnas da ESO, de 6 centros educativos con 20 docentes directamente implicados.[10] No curso 2016-2017 o Dragal chegou a 327 alumnas e alumnos da ESO de 6 centros educativos.[11]

En 2014 publicou a novela policial Sete caveiras, que no 2019 xa ía pola 6ª edición. Con O Xogo de Babel (2017) explora outro xénero da literatura para adultos.[12]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Manuel Bragado, Elena Gallego e Julio Casal, o 20 de marzo de 2013 na presentación multimedia de Dragal.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 1998, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense.
  • Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón.
  • Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.
  • En 2017 gañou o II premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas (Vigo) coa obra A Promesa.[33]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elena Gallego Abad. Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-06-03. 
  2. "Elena Gallego Abad". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  3. "O obradoiro de escrita "Pontevedra Ficción" asume o reto de crear unha guía imaxinaria da cidade". depo.gal. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 03/06/2019. 
  4. "Elena GALLEGO ABAD". www.ub.edu (en castelán). Consultado o 2019-06-03. 
  5. "Festas da Virxe do Carme 2015" (PDF). concellodemarin. Consultado o 03/06/2019. 
  6. asociacionescritoras-es. "Verín: actos destacados da Feira do Libro 2018. ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2019-06-04. 
  7. "Dragal. Catálogo. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  8. "O Proxecto Dragal e a Fraternidade do dragón. Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  9. "Proxecto Dragal 2014-2015". lingua.gal. Consultado o 03/06/2019. 
  10. "Proxecto Dragal 2015-2016". lingua.gal. Consultado o 03/06/2019. 
  11. "Proxecto Dragal 2016-2017". www.lingua.gal. Consultado o 03/06/2019. 
  12. "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  13. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  14. "Dragal 1: l'herència del drac. Pagès Editors". www.pageseditors.cat (en catalán). Consultado o 2019-06-03. 
  15. "SmallStations - DRAGAL I: THE DRAGON’S INHERITANCE". smallstations.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-03. 
  16. "Dragal I: La herencia del dragón - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.es (en castelán). Consultado o 2019-06-03. 
  17. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  18. "Dragal 2: La metamorfosi del drac. Pagès Editors". www.pageseditors.cat (en catalán). Consultado o 2019-06-03. 
  19. "SmallStations - DRAGAL II: THE DRAGON’S METAMORPHOSIS". smallstations.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-03. 
  20. "Dragal II: La metamorfosis del dragón - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-03. 
  21. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  22. "Dragal III: La fraternidad del dragón - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-03. 
  23. "Dragal III: The Dragon’s Fraternity". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-06-29. 
  24. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  25. "SmallStations - DRAGAL IV: THE DRAGON’S LINEAGE". smallstations.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-04. 
  26. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  27. Nicolás, Ramón (2019-07-31). "Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego". Caderno da crítica. Consultado o 2019-07-31. 
  28. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  29. "Boa trama de misterio: «Sete caveiras», de Elena Gallego. A opinión dun lector en Lectureka. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  30. Europa Press (23/03/14). "Elena Gallego profundiza en la novela negra en gallego con "Sete caveiras"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-03. 
  31. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-03. 
  32. "Vigo en la onda.26/07/2017". www.ondacero.es. Consultado o 2019-06-03. La escritora y periodista Elena Gallego Abad nos ha presentado su último libro "O Xogo de Babel" 
  33. "El premio de Relatos Curtos de Bouzas, para Elena Gallego por "A promesa"". Faro de Vigo. Consultado o 2019-06-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]