Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Non confundir con Ácido graxo poliinsaturado.
| Asociación Galega de Profesionais da Ilustración | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
|
Campo de traballo
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é unha asociación creada no ano 2000. Agrupa a ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada, como pode ser o deseño gráfico, a ilustración científica, a ilustración de libros etc. Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, organizan, colaborando coa Xunta de Galicia, o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Entre outros, foron protagonista deste día Reimundo Patiño, Lolita Díaz Baliño, María Antonia Dans ou Chichi Campos.[1][2]
Organización
[editar | editar a fonte]Membresía
[editar | editar a fonte]AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) do Estado español, integrada, a data de 2023, polas asociacións de Cataluña, Galiza, Madrid, País Vasco e Valencia, e do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa; á súa vez, a FADIP tamén é membro do EIF.[3]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]Segundo a súa páxina oficial[4] os seus obxectivos son a representación e defensa dos dereitos e intereses dos seus membros, a mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos profesionais, facilitar formación e información para o desenvolvemento dos mesmos, acadar maior proxección e recoñecemento sociocultural para a ilustración, e a colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións da industria cultural. Para iso achegan orientación profesional e laboral, asesoría xurídica, directorios, informes etc, e organizan diversos cursos e conferencias.
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]A data de 2025, formaban parte da súa directiva, Laura Romero, Augusto Metztli, Aarón Moucho, Komorevi (Eva Agra), Chus Rojo, Lara Ingelmo, Elerre (Bruno López Rodríguez), Clara Cerviño, Perdivel (Rebeca Varela), Laura Caneira, Diego Estebo e Paula Mayor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día da Ilustración 2022 ; Bibliotecas escolares". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Día da ilustración?". Voz de Galicia. 2023-01-30. Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Associations". EIF - European Illustrators Forum (en inglés). Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Coñécenos". AGPI. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.