Noroeste de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Localización de North West England

O Noroeste de Inglaterra (en inglés, North West England) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados de Cumbria, Lancashire, Greater Manchester, Merseyside e Cheshire. Segundo estimacións do 2006 conta cunha poboación de 6.853.200 habitantes distribuídos nunha área de 14.165 quilómetros cadrados, sendo as principais cidades da rexión Manchester e Liverpool. Outras cidades de importancia son Warrington, Blackpool, Bolton, Stockport, Preston, Blackburn, Oldham e Saint Helens.