Johnny Marr
Johnny Marr | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | John Martin Maher |
Data nacemento | 31 de outubro de 1963 (59 anos) |
Nado en | Manchester |
Ocupación | guitarrista, poeta, cantante, compositor de cancións, produtor musical e músico |
Relacionado con | The Smiths, Electronic, Johnny Marr and the Healers, Modest Mouse, The Pretenders, The The, Pet Shop Boys, Kirsty MacColl, Talking Heads, Marion, Black Grape, The Cribs, John Frusciante, Morrissey, Noel Gallagher, Hans Zimmer, The Charlatans, Billie Eilish, Finneas O'Connell, The Killers |
Tempo en activo | 1982 - presente |
Pseudónimo | Johnny Marr |
Na rede | |
https://johnnymarr.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
John Martin Maher, nado o 31 de outubro de 1963, é un músico, compositor e cantante inglés. Marr deuse a coñecer como a guitarrista e co-compositor da banda The Smiths, que estivo activa entre 1982 e 1987. Dende entón actuou en numerosas banda e comezou unha carreira como artista en solitario.
Nado en Ardwick, Manchester, de pais irlandeses, Marr formou a súa primeira banda con 13 anos. Tocou en varios grupos con Andy Rourke antes de formar The Smiths con Morrissey en 1982. The Smiths conseguiu un importante éxito comercial e foi aclamada pola crítica, sendo o estilo jangle pop da guitarra de Marr un elemento distintivo do son da banda, pero separouse en 1987 debido a diferenzas persoais entre Marr e Morrissey. Dende entón, Marr foi membro de The Pretenders, The The, Electronic, Modest Mouse, e The Cribs, e converteuse nun prolífico músico de sesión, traballando con artistas como Talking Heads e Hans Zimmer.
Despois de publicar un álbum titulado Boomslang en 2003 baixo o nome Johnny Marr and the Healers, Marr editou o seu primeiro álbum en solitario, The Messenger, en 2013. O seu segundo traballo en solitario, Playland, lanzouse en 2014, seguido por un terceiro, Call the Comet, en 2018. A autobiografía de Marr, Set the Boy Free, foi publicada no ano 2016.
Fotada o cuarto mellor guitarrista dos últimos 30 anos nunha enquisa realizada pola BBC en 2010,[1] Phil Alexander, editor xefe de Mojo, describiu a Marr como "posiblemente o último gran estilista da guitarra británico".[2] En 2013, NME honrou a Marr co seu premio "Godlike Genius", dicindo: "non contento con reescribir a historia da música cunha das mellores bandas do mundo, The Smiths, continúa a empuxar os límites e a evolucionar a través da súa carreira, traballando con algúns dos mellores e máis excitantes artistas do planeta".[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BBC. "BBC - 6Music News - Chilis star wins Axe Factor". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Revista Mojo. Febreiro de 2013. Número 231.
- ↑ "Johnny Marr receives top NME award". BBC News (en inglés). 2013-02-11. Consultado o 2020-03-30.