Saltar ao contido

Inspiral Carpets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inspiral Carpets
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Clint Boon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1983 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1986 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF157265433 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000011551343X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/038d6t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2164507 Facebook: OfficialInspirals Twitter: inspiralsband MySpace: inspirals Youtube: UCCf5LSdtDPTsaxCD2Blpz9w Spotify: 66GWpx9iLxrvvfhDsG9STP Apple Music: 19618282 Last fm: Inspiral+Carpets Musicbrainz: 03c2e506-e8bb-4bd6-9693-5aa97c8eea1c Songkick: 406500 Discogs: 19564 Allmusic: mn0000093566 Deezer: 210651 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Inspiral Carpets é unha banda de rock alternativo inglesa procedente de Oldham, en Greater Manchester, e formada por Graham Lambert e Stephen Holt en 1983. O grupo chamouse así por unha tenda de roupa que había en Oldham. O seu son xira ao redor de guitarras e teclados psicodélicos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os amigos do colexio Graham Lambert e Stephen Holt recrutaron ao batería Craig Gill e formaron Inspiral Carpets en 1983, orixinalmente como unha banda de garage punk. Despois de que pasasen varios membros polo grupo, cara 1987 a formación incluía ao baixista David Swift e ao organista Clint Boon. A banda editou dúas demos noas anos 80, Waiting for Ours e Songs of Shallow Intensity, que incluían cancións que serían regravadas posteriormente.

Fixéronse coñecidos, xunto con bandas como The Stone Roses e Happy Mondays, na escena Madchester de finais dos ano 80. Despois dun flexi-disc interpretando "Garage Full Of Flowers", que se entregaba de xeito gratuíto coa revista de Manchester Debris en 1987, apareceu a casete Cow, o seu primeiro lanzamento. O EP Planecrash, editado polo selo Playtime foi emitido habitualmente polo DJ de Radio 1 John Peel, quen lle pediu á banda gravar unha sesión para o seu programa. No tempo do seu éxito inicial, o grupo gañou algunha notoriedade polas súas camisetas "Cool as Fuck". A banda regravou o seu sinxelo "Find Out Why" como sintonía do programa 8:15 from Manchester. Cando a súa popularidade medraba, a distribuidora Red Rhino Records foi á quebra, facendo que o grupo formase o seu propio selo, Cow Records, en marzo de 1989. A súa primeira edición foi o EP Trainsurfing. Ese mesmo ano Holt e Swift deixaron a banda para formar The Rainkings, sendo substituídos por Tom Hingley, vocalista de Too Much Texas, e por Martin "Bungle" Walsh, do grupo The Next Step. Despois dun feixe de sinxelos publicados a través do seu propio selo (o último deles, "Move", estivo a piques de entrar no top 40 británico), asinaron un contrato coa discográfica Mute Records, e inmediatamente conseguiron entrar chegar ao número 14 da lista de sinxelos con "This Is How It Feels" en 1990. O seu disco de estrea, Life, acadaría o número 2 na lista de álbums nese mesmo ano.

En 1991 o seu segundo álbum, The Beast Inside, non foi tan ben recibido pola crítica, pero aínda así chegou ao quinto posto da lista británica de álbums. Os sinxelos "Caravan" e "Please be Cruel" só acadarían os números 30 e 50 respectivamente, e o seu intento de irromper no mercado estadounidense fallou. Porén, a banda conseguiu un bo número de seguidores en Portugal, Alemaña e a Arxentina, sendo o seu seguinte traballo, Revenge of the Goldfish, o seu principal éxito neses países. O álbum, editado en 1992, foi número 17 no Reino Unido e tivo catro exitosos sinxelos. O seu seguinte disco, Devil Hopping (1994), chegou ao número 10, entrando os sinxelos "Saturn 5" e "I Want You" no top 20. En 1995, despois da publicación de The Singles, un recompilatorio de sinxelos, a banda foi despedida de Mute e separaríase pouco despois.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Life1990Mute Records
The Beast Inside1991Mute Records
Revenge of the Goldfish1992Mute Records
Devil Hopping1994Mute Records
Inspiral Carpets2014Cherry Red Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.