Van der Graaf Generator
Van der Graaf Generator | |
---|---|
Van der Graaf Generator en 2009 | |
Orixe | Manchester, Inglaterra |
Período | 1967 - 1972 1975 - 1978 2005 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, rock experimental, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | Mercury, Charisma, Fontana, Vertigo, Probe, Dunhill, Virgin |
Membros | Peter Hammill Hugh Banton Guy Evans |
Antigos membros | Chris Judge Smith Nick Pearne Keith Ellis Nic Potter David Jackson Graham Smith Charles Dickie |
Na rede | |
http://www.sofasound.com/ | |
Van der Graaf Generator é unha banda inglesa de rock progresivo formada no ano 1967 en Manchester polos cantantes e compositores Peter Hammill e Chris Judge Smith e foi o primeiro artista en ser fichado polo selo Charisma Records. O grupo non tivo moito éxito comercial no Reino Unido, pero fíxose popular en Italia nos anos 70. En 2005 a banda reformouse e aínda segue activa cunha formación composta por Hammill, o organista Hugh Banton e o batería Guy Evans.
A banda fundouse na Universidade de Manchester, pero estableceuse en Londres onde asinaron con Charisma. O grupo pasou por varias encanacións nos seus primeiros anos, separándose brevemente en 1969. Cando regresou conseguiu un pequeno éxito comercial con The Least We Can Do Is Wave to Each Other (publicado a principios de 1970 e o seu único álbum en entrar nas listas británicas), e despois do seu seguinte disco, H to He, Who Am the Only One (decembro de 1970), estabilizouse ao redor dunha formación composta por Hammill, Banton, Evans e o saxofonista David Jackson. Posteriormente o cuarteto conseguiu un significativo éxito en Italia co lanzamento de Pawn Hearts en 1971. Tras varias longas xiras por Italia a banda separouse en 1972. O grupo reformouse en 1975, editando Godbluff e xirando habitualmente por Italia novamente, antes dun gran cambio de formación e de pasar a chamarse Van der Graaf. A banda separouse outra vez en 1978. Tras moitos anos, a banda reuniuse para un concerto no Royal Festival Hall e unha curta xira en 2005. Dende entón, a banda continuou como un trío formado por Hammill, Banton e Evans, gravando e xirando con regularidade.[1]
Os álbums do grupo teñen unha atmosfera, tanto lírica como musical, máis escura que a de moitos dos seus compañeiros do rock progresivo (un trazo que compartía con King Crimson, cuxo guitarrista Robert Fripp colaborou en dous dos seus álbums), e os solos de guitarra son unha excepcións e non o habitual, preferindo usar o órgano de Banton con influencias clásicas, e, ata a súa marcha, os múliples saxofóns de Jackson. Aínda que Hammill é o principal compositor, e os membros colaboraron nos seus álbums en solitario, a banda organiza todo o seu material de xeito colectivo. As letras de Hammill falan de mortaidade, debido ao seu amor por escritores de ciencia ficción como Robert A. Heinlein e Philip K. Dick, xunto coa súa confesa natureza retorcida e obsesiva. A súa voz ten sido un compoñente distintivo da banda durante toda a súa carreira, sendo descrito como "un Nico masculino". Aínda que polo xeral non tivo éxito comercial, a banda inspirou a moitos músicos de distintos xéneros.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Aerosol Grey Machine | 1969 | Mercury Records/Fontana Records |
The Least We Can Do Is Wave to Each Other | 1970 | Charisma Records/Probe Records |
H to He, Who Am the Only One | 1970 | Charisma Records/Dunhill Records |
Pawn Hearts | 1971 | Charisma Records |
Godbluff | 1975 | Charisma Records/Mercury Records |
Still Life | 1976 | Charisma Records/Mercury Records |
World Record | 1976 | Charisma Records/Mercury Records |
The Quiet Zone/The Pleasure Dome | 1977 | Charisma Records/Mercury Records |
Present | 2005 | Charisma Records |
Trisector | 2008 | Virgin Records/EMI |
A Grounding in Numbers | 2011 | Esoteric |
ALT | 2012 | Esoteric |
Do Not Disturb | 2016 | Esoteric |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Van der Graaf Generator Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.