Saltar ao contido

Morrissey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMorrissey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Davyhulme Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaRepublicanism in the United Kingdom (en) Traducir, euroescepticismo, dereitos dos animais, oposición á inmigración e conservadorismo cultural Editar o valor en Wikidata
EducaciónTrafford College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, autobiógrafo, músico de rock, cantautor, cantante, poeta, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoFor Britain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, Jangle pop, indie rock e indie pop Editar o valor en Wikidata
Influencias
Jobriath (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Island Records
His Master's Voice Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmorrisseycentral.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0973541 Facebook: Morrissey Twitter: officialmoz Instagram: officialmoz MySpace: morrissey Youtube: UCd1yjHMjahhWKUnl2qRyo0A BNE: XX834103 Spotify: 3iTsJGG39nMg9YiolUgLMQ Apple Music: 383968 Last fm: Morrissey Musicbrainz: 013fa897-86db-41d3-8e9f-386c8a34f4e6 Songkick: 417787 Discogs: 92577 Allmusic: mn0000597094 Deezer: 1305 Editar o valor en Wikidata
Morrissey

Steven Patrick Morrissey, nado en Davyhulme, Lancashire, o 22 de maio de 1959, é un cantante e compositor inglés coñecido comunmente como Morrissey.

Chegoulle a fama na década dos 80 como vocalista da banda inglesa The Smiths, activa entre 1982 e 1987. Cando a banda se rompeu Morrissey comezou unha exitosa carreira en solitario chegando ás listas top ten británicas durante 3 décadas. A súa música caracterízase pola súa voz de barítono e as súas letras distintivas con posturas antisistema e temas recorrentes de illamento emocional, desexo sexual, autocrítica e humor negro.

Morrissey é considerado unha das influencias na música pop máis importantes da súa xeración. Os seus detractores describen as súas obras como depresivas, mais os seus fans remarcan o seu humor ácido e sarcástico nas referencias das súas cancións a amores rotos.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Viva Hate1988His Master's Voice, Sire Records
Kill Uncle1991His Master's Voice, Sire Records
Your Arsenal1992His Master's Voice, Sire Records
Vauxhall and I1994Parlophone, Sire Records
Southpaw Grammar1995RCA Victor, Sire Records
Maladjusted1997Island Records, Mercury Records
You Are the Quarry2004Sanctuary Records
Ringleader of the Tormentors2006Sanctuary Records
Years of Refusal2009Decca Records, Polydor Records
World Peace Is None of Your Business2014Harvest Records, Capitol Records
Low in High School2017BMG, Etienne
California Son2019BMG, Etienne
I Am Not a Dog on a Chain2020BMG
Make-Up Is a Lie2026Sire Records

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Bona Drag (1990)
  • World of Morrisey (1995)
  • Suedehead. The Best of Morrissey (1997)
  • My Early Burglary Years (1998)
  • The Best of Morrissey (2001)

Discos en directo

[editar | editar a fonte]
  • Beethoven Was Deaf (1993)
  • Live at Earls Court (2005)
  • Who Put the M in Manchester? (2005)
Morrisey en concerto no Jahrhunderthalle de Frankfurt, febreiro de 2026

Recibiu un Ivor Novello Award polo seu destacado labor como compositor en 1998, na categoría de Lifetime Achievemen, un galardón que subliñaba a importancia das súas letras, cheas de ironía, melancolía e provocación. Ademais, foi nomeado en múltiples ocasións en enquisas de lectores de revistas como NME ou Melody Maker, onde frecuentemente apareceu como unha das figuras máis influentes e carismáticas da música moderna. En novembro de 2008, a revista Rolling Stone situou a Morrissey no posto 92 da lista dos “100 mellores cantantes de todos os tempos”. A lista foi elaborada a partir dos votos dun panel de 179 “expertos musicais”, como Bruce Springsteen, Alicia Keys e Bono, aos que se lles pediu que nomeasen os seus 20 vocalistas favoritos.[1]

En 2013, coa publicación da súa autobiografía Autobiography, acadou un recoñecemento literario pouco habitual para un músico, sendo editada na prestixiosa colección Penguin Classics, un feito que provocou tanto admiración como controversia. Polo carácter reservado a figuras clásicas, e ata entón finadas, da literatura. [2]

Como simpatizante da organización antiespecista People for the Ethical Treatment of Animals (PETA) en recoñecemento ao seu apoio, PETA distinguiuno co Premio Memorial Linda McCartney na gala do seu 25º aniversario, o 10 de setembro de 2005. Posteriormente, Morrisey aparecería nun anuncio de PETA en 2012, animando a xente a esterilizar os seus cans e gatos para axudar a reducir o número de animais de compañía sen fogar.[3]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "100 GREATEST SINGERS OF ALL TIME (2008)".
  2. "Morrissey inks memoir deal with Penguin Classics".
  3. "The former lead singer of The Smiths has been a long-time advocate of vegetarianism and animal rights, and was honored by PETA with the Linda McCartney Memorial Award at their 25th Anniversary Gala on 10 September 2005.".