Major League Baseball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MLB")
Major League Baseball
Cubs outfielder Ben Zobrist swings at a pitch during World Series Game 7. (30108530553).jpg
Fundación 1903 (National League en 1876)
Rexión Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Canada.svg Canadá
Comisionado Rob Manfred
Equipos 30
Actual campión Houston Astros (1º título)
Máis laureado New York Yankees (27 títulos)
Sitio web mlb.com

A Major League Baseball (MLB, do inglés: Grandes Ligas de Béisbol) é unha organización de béisbol profesional con equipos nos Estados Unidos e o Canadá. Esta organización opera as dúas ligas máis importantes de norteamérica: American League (AL) e na National League (NL). A AL e A NL funcioron como entidades legalmente diferenciadas desde 1901 e 1876 respectivamente. Despois de cooperar entre ambas competicións desde 1903, as ligas fusionáronse nunha soa organización no ano 2000.[1] A MLB tamén supervisa a Minor League Baseball (Ligas Menores), competición que comprende uns 240 equipos afiliados aos clubs das Grandes Ligas, a World Baseball Softball Confederation e o World Baseball Classic.

Hoxa, a MLB está composta por trinta equipos: vinte e nove estadounidenses e un canadense. Cada equipo xoga 162 partidos por temporada, clasificánose cinco equipos de cada liga aos Playoffs, onde se xogan catro roldas que culminan nas Series Mundiais, unha eliminatoria ao mellor de sete partidos que enfronta aos campión de cada liga desde 1903. Hoxe en días os partidos de béisbol son retransmitidos por radio, televisión e internet en norteamérica e en moitos países todo o mundo. A MLB é a competición deportiva mundial con maior número de espectadores nos estadios, cun total de 73 millóns de asistentes en 2015.[2]

Ligas Maiores actuais[editar | editar a fonte]

A tempada das Grandes Ligas xeralmente esténdese desde abril até outubro.

Equipos e calendario de xogos[editar | editar a fonte]

Hai en total 30 equipos nas dúas ligas: 16 na Liga Nacional e 14 na Liga Americana. Cada unha consta de tres divisións, agrupadas por localización xeográfica e nomeadas como "Este", "Central" e "Oeste". Unha tempada normalmente dura desde abril até setembro. Cada equipo xoga 162 partidos de tempada regular. Esta duración foi establecida en 1961. Desde 1898 até 1960, xogábanse 154 partidos. Os xogos eran disputados entre equipos da mesma liga. En 1997, a dirección do as Grandes Ligas introduciu os xogos interligas.

Xogo de Estrelas[editar | editar a fonte]

Os primeiros días de xullo marcan a metade da tempada, durante a cal se fai unha pausa de tres días e dispútase o Xogo de Estrelas. Este partido dispútase entre xogadores da liga Nacional agrupados nun só conxunto contra xogadores da liga Americana dispostos en maneira similar.

Postemporada[editar | editar a fonte]

Ao concluír a tempada regular, os campións do tres divisións de cada liga, xunto co equipo de mellor marca entre o tres segundos lugares (chamado wild card ou comodín), cualifica para os xogos de postemporada.

A postemporada consta de tres roldas:

Equipos actuais[editar | editar a fonte]

Trofeo de campión das Series Mundiais.

Major League Baseball team locations.PNG

Contratos televisivos[editar | editar a fonte]

A cadea FOX ten os dereitos até 2013 para transmitir MLB. Un partido os sábados pola tarde, o Xogo das Estrelas]], a serie de campionato da liga americana en 2007, 2009, 2011, 2013 e a da nacional en 2008, 2010, 2012 e en exclusiva a Serie Mundial. Para a audiencia latina, a canle de cable Fox Sports en Español transmite un partido dos sábados, a mesma serie de campionato que o sinal en inglés e a Serie Mundial. ESPN tamén ten contrato até 2013 para transmitir partidos o día inaugural e durante a tempada regular os domingos, luns, martes, mércores e venres pola noite. Cando empeza a pretemporada da NFL, o partido dos luns cámbiase aos venres. ESPN Deportes, para a audiencia en español, transmite o partido do domingo con gráficos en pantalla e comentaristas en español, compartindo a súa transmisión con ESPN Latinoamérica.

A partir de 2007 e até 2013, TBS únese ás transmisións de MLB con todos os partidos das series divisionales, a serie de campionato da liga americana en 2008, 2010, 2012 e a da nacional en 2007, 2009, 2011 e 2013; no caso da serie divisional, si algún partido inicia mentres outro aínda non acaba, o partido novo empézase a transmitir a través de TNT. TBS, tamén ten os dereitos de calquera xogo de desempate que se realice para entrar a playoffs. A partir de 2008 transmitirán un xogo de domingo pola tarde, o día da independencia, o día do traballo e o Memorial Day. Moitos fanáticos, quedaron digustados pola baixa calidade da transmisión e algúns comentaristas neste primeiro ano de contrato.

Todos os xogos destas cadeas transmítense a nivel nacional, FOX vía televisón aberta e ESPN e TBS a través de televisión restrinxida. Os partidos de ESPN son bloqueados no mercado onde se está xogando e no seu lugar transmítese o sinal da canle ESPNEWS; os partidos de sábado a través de FOX varían dependendo da localidade pola mesma razón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Year In Review: 2000 National League". www.baseball-almanac.com. Consultado o September 5, 2008. 
  2. Brown, Maury. "MLB Sees Nearly 73.8 Million In Attendance For 2015, Seventh-Highest All-Time". Forbes.com. Forbes. Consultado o April 19, 2016.