Saltar ao contido

Busch Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Busch Stadium
St. Louis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Inauguración
4 de abril de 2006 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
 43.975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/06k1v5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Busch Stadium, a miñudo chamado New Busch Stadium ou Busch Stadium III, é un parque de béisbol situado en St. Louis, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos St. Louis Cardinals da Major League Baseball (MLB). O estadio, con capacidade para 45.494 espectadores, substituíu o antigo Busch Memorial Stadium (tamén coñecido como Busch Stadium II), ocupando parte dos terreos nos que se erixía. Anexa ao recinto hai unha área comercial coñecida como Ballpark Village. O estadio foi inaugurado o 4 de abril cun encontro entre os Memphis Redbirds e os Springfield Cardinals, equipo afiliado aos St. Loius Cardinals das Ligas Menores. O primeiro partido oficial de Ligas Maiores foi uns días despois, o 10 de abril, nun xogo en que os Cardinals venceron aos Milwaukee Brewers por 64.

Este estadio é o terceiro en St. Luois en levar o nome de Busch Stadium. O primeiro foi o Sportsman's Park, o cal adoptou o nome de Busch Stadium en 1953 na honra do dono da franquía, Gussie Busch. Este primeiro estadio fechou en 1966, tendo que trasladarse tanto os Cardinals de béisbol como o equipo homónimo da National Football League (hoxe Arizona Cardinals) a un novo estadio, o Busch Memorial Stadium. Con todo, o actual nome non é debido a Gussie Busch senón ao patrocinio da compañía Anheuser-Busch. O dereito de nomenclatura do estadio da empresa finaliza no ano 2026.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]