Chicago White Sox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chicago White Sox
Fundado en 1901
En Chicago desde 1901
LogoInsignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados2, 3, 4, 9, 11, 14, 16, 19, 35, 56, 72, 42
Cores
  • Negro, prata, branco               
Nome
  • Chicago White Sox (1901–presente)
Alcumes
  • The Sox, The ChiSox, The South Siders, The Pale Hose
Estadio
  • Guaranteed Rate Field (1991–presente)
  • Comiskey Park (1910–1990)
  • Milwaukee County (algún xogo, 1968-1969)
  • South Side Park (III) (1900–1910)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (3)1906, 1917, 2005
American League (6)1901, 1906, 1917, 1919, 1959, 2005
División Central (3)2000, 2005, 2008
División Leste (2)1983, 1993
Administración
Dono(s)Jerry Reinsdorf
AdestradorRick Renteria
Director xeralRick Hahn
PresidenteKenny Williams

Os Chicago White Sox son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Chicago, Illinois. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde 1991 xogan os seus partidos como local no Guaranteed Rate Field, situado ao sur da cidade. Os White Sox son un dos dous equipos das Grandes Ligas de cidade, o outro, os Chicago Cubs compiten na Divisón Central da National League (NL). A franquía foi unha das oito fundadoras da American League, sendo estabelecida como club das Grandes Ligas en 1900. Orixinalmente o club recibía o nome de Chicago White Stockings (do inglés: medias brancas), mais xa nos primeiros anos foi abreviado ao actual Chicago White Sox.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allen, Scott. "The Origins of All 30 MLB Team Names". Mental Floss (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]