Milwaukee Brewers
Milwaukee Brewers | |
---|---|
Fundado en 1969 En Milwaukee desde 1970 | |
Afiliacións de Grandes Ligas | |
| |
Uniforme actual | |
Dorsais retirados | 1, 4, 19, 34, 44, 42 |
Cores | |
| |
Nome | |
| |
Alcumes | |
| |
Estadio | |
| |
Títulos das Grandes Ligas | |
Series Mundiais (0) | Ningunha |
National League (0) | Ningunha |
American League (1) | 1982 |
División NL-C (3) | 2011, 2018, 2021 |
División AL-L (2) | 1981, 1982 |
Wild card (3) | 2008, 2019, 2020 |
Administración | |
Dono(s) | Mark Attanasio |
Adestrador | Craig Counsell |
Director xeral | Matt Arnold |
Os Milwaukee Brewers son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Milwaukee, Wisconsin. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O nome recibe o seu equipo pola relación da cidade coa industria cervexeira (en inglés brewer significa cervexeiro).[1] Desde o ano 2001 xogan os seus partidos como local no Miller Park, recinto con capacidade para 41.900 espectadores.
O equipo foi fundado en 1969 como os Seattle Pilots, equipo de expansión da American League (AL) en Seattle, Washington. Os Pilots xogaban os seus partidos como local no Sick's Stadium. Porén, despois dunha única temporada, o equipo mudouse a Milwaukee, adoptando o seu actual nome e xogando como locais no Milwaukee County Stadium. En 1998 a franquía uniuse á National League, sendo o único equipo das Grandes Ligas en xogar en catro divisións diferentes desde a súa implantación en 1969. A única aparición dos Brewers na Serie Mundial foi en 1982. Tras gañar a Serie Final da American League ante os California Angels, o equipo enfrontouse nas finais aos St. Louis Cardinals, perdendo finalmente 4−3. En 2011 conseguiron chegar á final da National League, mais volveron perder ante os Cardinals (4−2), os cales acabarían gañando posteriormente a Serie Mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brewers Timeline". MLB.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 15 de novembro de 2014 en Wayback Machine.