A American League Central ou Liga Americana Central é unha das tres divisións da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Esta división, creada en 1994 xunto coa División Central da Liga Nacional, está composta unicamente por equipos do Medio Oeste dos Estados Unidos. Esta división Central é, actualmente, a única das Grandes Ligas na que todos os seus equipos conseguiron gañar nalgunha ocasión as Series Mundiais. De feito, cada un dos equipos conseguiu un mínimo de dous títulos. O equipo con máis títulos da división son os Cleveland Indians.
* – Debido ao paro de xogadores iniciado o 12 de agosto, esta temporada non houbo ningún campión oficial. Antes do comezo da folga, os Chicago White Sox eran os líderes da división.
** – En 2008 os Minnesota Twins e os Chicago White Sox acabaron a temporada co mesmo balance de vitorias (88–74). Para romper o empate xogouse un partido que foi gañado polos White Sox (1–0).
# – En 2009 os Minnesota Twins e os Detroit Tigers acabaron a temporada co mesmo balance de vitorias (86–76). Para romper o empate xogouse un partido que foi gañado polos Twins (6–5) tras doce entradas.
A "wild card" (equipos invitados a xogar os Playoffs sen seren campións de división) é outorgada ao mellor equipo da cada liga que non conseguiu ser campión dunha das tres divisións, permitíndolle disputar os playoffs. Desde a temporada 2012, cada liga posúe dous equipos wild-card. Os dous equipos xogan unha eliminatoria a partido único para determinar quen se enfrontará ao cabeza de serie das Series Divisionais da Liga Americana.