Saltar ao contido

Jackie Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJackie Robinson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Jackie Robinson‏ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jack Roosevelt Robinson Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Cairo, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1972 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Stamford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Cypress Hills Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohn Muir High School (en) Traducir
Pasadena City College (en) Traducir
Universidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso92,5 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbeisbolista, oficial, atleta, adestrador de baloncesto, Vicepresidente Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata -
MovementoNon-violencia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente de segunda (1943–) Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebéisbol
atletismo
Fútbol americano Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaSalto de lonxitude Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Baseball Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoSegunda-base (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo42 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
UCLA Bruins football
UCLA Bruins
Kansas City Monarchs
Montreal Royals
1947–1956 Los Angeles Dodgers
Familia
CónxuxeRachel Robinson (1946–1972) Editar o valor en Wikidata
FillosJackie Robinson Junior, Sharon Robinson Editar o valor en Wikidata
IrmánsMack Robinson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjackierobinson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0732697 76658
Instagram: jackierobinsonofficial BNE: XX5484585 WikiTree: Robinson-13 Find a Grave: 882 Editar o valor en Wikidata

Jack Roosevelt Robinson, nado en Cairo, Xeorxia (Estados Unidos) o 31 de xaneiro de 1919 e finado en Stamford, Connecticut o 24 de outubro de 1972, foi un xogador de béisbol profesional. Foi o primeiro xogador afroamericano en xogar na era moderna das Ligas Maiores de Béisbol (MLB). Robinson rompeu a barreira da cor do béisbol cando os Brooklyn Dodgers o colocaron como xogador titular na primeira base o 15 de abril de 1947. Cando os Dodgers asinaron a Robinson, anuncairon a fin da segregación racial no béisbol profesional que relegaba desde 1880 aos xogadores de cor ás Ligas Negras. Robinson foi seleccionado para o Salón da Fama do Béisbol en 1962.[1]

Robinson tivo unha destacábel carreira de dez anos na MLB. No seu primeiro ano, 1947, recibiu o primeiro trofeo da historia outorgado ao mellor novato da MLB. Posteriormente, foi escollido seis temporadas consecutivas para xogar o Partido das Estrelas (1949–1954) e gañou o trofeo ao Xogador máis Valioso (MVP) da Liga Nacional, sendo o primeiro xogador de cor en conseguilo.[2] A nivel colectivo, participou cos Dodgers en seis Series Mundiais, contribiuíndo á vitoria na edición de 1955. En 1997, a MLB decidiu retirar o seu dorsal 42 para todos os equipos, sendo o primeiro atleta profesional en calquera deporte en recibir esa honra. Ademais, a MLB adoptou a tradición de celebrar cada ano o "Día de Jackie Robinson", no cal todos os xogadores de todos os equipos levan o dorsal 42.

O carácter de Robinson, o seu uso da non-violencia e o seu incuestionábel talento desafiaron as bases tradicionais da segregación que marcaba moitos outros aspectos da vida estadounidense. Influíu na cultura e contribuíu significativamente ao movemento polos dereitos civís.[3][4] Robinson foi tamén o primeiro analista de televisión negro na MLB e o primeiro vicepresidente negro dunha gran corporación estadounidense, Chock full o'Nuts.

Jackie Robinson nun dólar conmemorativo do seu 50 aniversario como xogador (1997)

Na década de 1960, axudou a establecer o Freedom National Bank, unha institución financeira de propiedade afroamericana con sede en Harlem, Nova York. Despois da súa morte en 1972, en recoñecemento aos seus logros dentro e fóra do campo, Robinson recibiu postumamente a Medalla de Ouro do Congreso e a Medalla Presidencial da Liberdade.

  1. "National Baseball Hall of Fame, Jackie Robinson". National Baseball Hall of Fame. 
  2. "Jackie Robinson statistics and history". Baseball-Reference.com. 
  3. Glasser, Ira (2003). "Branch Rickey and Jackie Robinson: precursors of the civil rights movement". World & I 18 (3): 257–273. 
  4. Hill, Justice B. (15 de abril de 2008). "One meeting, two men, a changed world". MLB.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 10 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]