Kauffman Stadium
| Kauffman Stadium | |
|---|---|
| Kansas City | |
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Deporte
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Operador/a
| |
|
Ocupante
| |
|
Propietario/a
| |
|
Arquitecto/a
Kivett and Myers Populous (renovacións) | |
|
Enxeñeiro estrutural
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Inauguración
10 de abril de 1973 | |
| Dimensións | |
| Capacidade | 37.903 (con bancadas de pé 40.625) |
| Superficie | Kentucky Bluegrass (herba natural) |
| Tipo superficie | céspede |
| Localización | |
|
Situado en
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons | |
O Kauffman Stadium (/ˈkɔːfmən/), a miñudo chamado "The K", é un parque de béisbol situado en Kansas City, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos Kansas City Royals das Ligas Maiores (MLB). É parte do Complexo Deportivo Truman xunto co Arrowhead Stadium, lar dos Kansas City Chiefs da National Football League (NFL). Inaugurado en 1973 co nome de Royals Stadium,[1] o 2 de xullo de 1993 aquiriu o seu actual nome na honra de Ewing Kauffman, fundador e primeiro propietario da franquía. Actualmente, é o único estadio da Liga Americana que leva o nome dunha persoa e un dos únicos dez de toda a competición que non ten nome patrocinado por unha empresa.
O Kauffman Stadium foi construído especificamente para a práctica do béisbol nunha época na que o habitual era a construción de recintos multiúsos. Está considerado ademais, xunto co Dodger Stadium dos Ánxeles, como un dos mellores exemplos de estadio con deseño modernista. Con capacidade para 37.903 espectadores,[2] é o sexto estadio máis antigo da MLB. Con todo, entre 2007 e 2009 foi renoovado por valor de 250 millóns de dólares. Entre outros eventos, o estadio acolleu dous All-Star (1973 e 2012) e xogos de catro Series Mundiais (1980, 1985, 2014 e 2015).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of Kauffman Stadium". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "More About the K". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Consultado o 1 de abril 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do estadio en mlb.com/royals
- Kauffman Stadium Seating Chart Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.
