American League
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | béisbol |
Organizador | Major League Baseball |
Parte de | Major League Baseball |
Participantes | |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América e Canadá |
Vixencia | 1901 – |
Competición | |
Primeiro posto | Boston Red Sox |
Outro | |
Páxina web oficial | mlb.com |
A American League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Americana de Clubs Profesionais de Béisbol) ou American League (AL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A competición xurdiu da Western League, unha liga menor con sede nos estados dos Grandes Lagos, a cal conseguiu o status de liga maior en 1901. Ás veces é coñecida como "Junior Circuit" en contraposición á National League, fundada 25 anos antes e coñecida como o "Senior Circuit".
Ao final de cada temporada, o campión da American League xoga contra o campión da National Legaue nas coñecidas como Series Mundiais. Até a actualidade tan só en dúas temporadas non se xogaron as Series Mundiais: en 1904, cando os New York Giants se negaron a xogar contra os campións da AL; e en 1994 debido a unha folga de xogadores. Os equipos da American League teñen gañado máis veces as Series Mundiais, sobre todo grazas aos vinte e sete títulos dos New York Yankees. Dentro da AL os equipos con máis títulos son os propios Yankees (40), seguidos polos Oakland Athletics (15) e os Boston Red Sox (14).
Equipos
[editar | editar a fonte]A American League está composta por quince equipos divididos en tres divisións con cinco equipos en cada unha.
American League East
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American League East.
- Baltimore Orioles fundados en 1901 como os Milwaukee Brewers, trasladados a St. Louis (1902) e a Baltimore (1954)
- Boston Red Sox fundados en 1901, alcumados "Americans" (adoptaron o nome de Red Sox en 1908)
- New York Yankees fundados en 1901 como os Baltimore Orioles, trasladados a Nova York (1903) e alcumados "Highlanders" (adoptaron o nome de Yanks/Yankees in 1913)
- Tampa Bay Rays fundados en 1998 como os Tampa Bay Devil Rays (team name changed in 2008)
- Toronto Blue Jays fundados en 1977
American League Central
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American League Central.
- Chicago White Sox fundados en 1894 como os Sioux City Cornhuskers, trasladados a St. Paul (1895) e a Chicago (1900)
- Cleveland Guardians fundados en 1894 como os Grand Rapids Rustlers, trasladados a Cleveland (1900)
- Detroit Tigers fundados en 1894
- Kansas City Royals fundados en 1969
- Minnesota Twins fundados en 1894 como os Kansas City Blues, trasladados a Washington (1901), e a Minneapolis-St. Paul (1961)
American League West
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American League West.
- Houston Astros fundados en 1962 na National League como os Houston Colt .45s (adoptaron o nome de Astros en 1965), tranferidos á American League en 2013
- Los Angeles Angels fundados en 1961 como Los Angeles Angels, despois como California Angels antes de trasladarse a Anaheim (1966), despois Anaheim Angels (1997), despois Los Angeles Angels of Anaheim (2005)
- Oakland Athletics fundados en 1901 en Filadelfia, trasladados a Kansas City (1955) e a Oakland (1968)
- Seattle Mariners fundados en 1977
- Texas Rangers fundados en 1961 como os Washington Senators, trasladados a Arlington (1972)