Míriam Ferradáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Míriam Ferradáns
Imaxe poeta.jpg
Nacemento16 de xaneiro de 1982
 Beluso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióngraduada social e poeta
Na rede
AELG: 616 Dialnet: 4114274
editar datos en Wikidata ]

Miriam Ferradáns Ferradás, nada en Bon (Beluso, Bueu) o 16 de xaneiro de 1982, é unha poeta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É graduada social pola Universidade de Vigo e a súa actividade laboral está vinculada ao ensino con adolescentes.[1] Foi concelleira polo Bloque Nacionalista Galego en Bueu (2008-2011), período no que este grupo político era maioritario e durante o cal xestionou a área de promoción económica do Concello.[2] No 2011 deixou a política de xeito activo.[3] Colabora mensualmente no xornal Sermos Galiza desde xaneiro do 2018 e tamén en Nós Diario.

Algúns dos seus poemas foron traducidos ao portugués, alemán, inglés, italiano e mesmo ao finés.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2012: 3º premio do certame Xuventude Crea co poema "Novecomaoito".[9]
  • 2013: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con "Decibel"
  • 2014: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con "Ruído".[10]
  • 2016: Premio Francisco Añón coa plaquette Deshabitar unha casa.
  • 2016: Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Dos nomes do fume.[11]
  • 2016: 2º premio no Certame Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat.[12]
  • 2016: Gañadora do Certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo por "Do tacto".[13]
  • 2016: Premio do Concello de Ames.
  • 2021: Premio en categoría sénior dos XXIX Xogos Florais María Pita co poema Corazón de chícharo.
  • 2021: Terceiro premio no X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro por Os amantes.[14]
  • 2021: Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego por Dalias.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miriam Ferradans". Poemaria. 24/6/2018. [Ligazón morta]
  2. García, David (1/11/2010). "La Xunta convoca cuatro plazas de personal docente para el taller de empleo de Bueu". Faro de Vigo. 
  3. "Miriam Ferradáns dejará los puestos de salida en la lista del BNG". Faro de Vigo (en castelán). 14/1/2011. 
  4. "Míriam Ferradáns". www.aelg.gal. Consultado o 2022-09-26. 
  5. Nicolás, Ramón (3/7/2017). "Nomes de fume, de Míriam Ferradáns". Caderno da crítica. Consultado o 10/2/2019. 
  6. "Noms de fum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 3/11/2019. 
  7. Rozas, Ramón (9/12/2019). "Esencia poética". Galiciaé (en castelán). Consultado o 18/12/2019. 
  8. Nicolás, Ramón (14/12/2019). "Agosto, de Míriam Ferradáns". Caderno da crítica. Consultado o 18/12/2019. 
  9. "Un total de 53 mozos e mozas galegos foron premiados no 'Xuventude Crea 2012'". El Correo Gallego. 22/11/2012. 
  10. "Miriam Ferradáns gana por segundo año el Premio Rosalía de Castro de poesía de Cornellá". Faro de Vigo (en castelán). 4/12/2014. 
  11. Miriam Ferradáns Ferradás gaña o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé Faro de Vigo, 5/11/2016.
  12. "A poetisa Miriam Ferradáns, premiada no certame Rosalía de Castro de Cornellà". Faro de Vigo. Consultado o 4/12/2016. 
  13. García, David (15/12/2016) "Un ano máxico para Miriam Ferradáns" Faro de Vigo.
  14. "Muiñeira da Pinguela de Lupe Gómez acada o primeiro premio no X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2021-11-25. Consultado o 2021-11-27. 
  15. Diario, Nós. "Un artigo de Miriam Ferradáns publicado en Nós Diario, Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego". Nós Diario. Consultado o 2021-12-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]