Luís Cochón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Cochón»)
Luís Cochón
Nome completoJosé Luis Cochón Touriño
Nacemento1942
Lugar de nacementoSalcedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
FillosIris Cochón
Na rede
Dialnet: 1910697
editar datos en Wikidata ]

José Luis Cochón Touriño, coñecido como Luís Cochón, nado na Ruibal (Salcedo, Pontevedra) en 1942, é un escritor e profesor de lingua e literatura castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de lingua e literatura castelá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. Neste instituto coincidiu con Xesús Rábade Paredes, con quen mantivo unha grande amizade. Foi militante do PCE nos anos 60 e 70.

Especialista en literatura española e galega, tense dedicado á obra de Uxío Novoneyra e outros autores destacando pola súa relación co Centro Ramón Piñeiro. En 2011 publicou Volvo do mar derradeiro, escrito na memoria de Herminio Barreiro (Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación).[1]

Ten colaborado en revistas como A Trabe de Ouro, Encrucillada, Boletín Galego de Literatura, Boletín da Real Academia Galega.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Luís Cochón en 2022

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Touriño, Luís Cochón (2011). "Volvo do mar derradeiro". Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación (15): 51–53. ISSN 1138-5863. 
  2. "Luís Cochón Touriño". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-02-10. 
  3. "‘Os Cadernos Ramón Piñeiro’ súmanse á homenaxe do centenario da revista ‘Nós’". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-10. 
  4. "Arredor das Irmandades da Fala Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-02-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]