Elnosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°24′47″N 8°40′13″O / 42.413098, -8.670333

ELNOSA
TipoSociedade Anónima
Fundación1968
MatrizCUF (Companhia União Fabril)
LocalizaciónLourizán, s/n, 36153 Marisma de Lourizán, Pontevedra Galicia Galicia
Persoas claveJoão de Mello
IndustriaQuímica
ProdutosCloro
Beneficio26 millóns de euros
Número de empregados60
Páxina webelnosa.es

Elnosa (acrónimo de Electroquímica del Noroeste, SAU) é unha empresa química galega adicada á produción de cloro e os seus derivados.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da empresa está na instalación de Ence na papeleira de Pontevedra para producir pasta de papel e o seu branqueo con cloro. A química produce cloro empregando sal (NaCl) con tecnoloxía baseada en mercurio. A nova tecnoloxía esixida pola UE para este sector denominada de membrana impide empregar mercurio dende xaneiro de 2018.[1] A empresa anunciou o seu peche para o 29 de xullo de 2018 ao caducar a súa licenza na ría de Pontevedra.

Certificacións[editar | editar a fonte]

  • Membro de Euro Chlor, ANE e FEIQUE (Federación Empresarial da Industria Química Española)
  • Responsible Care dende 1999
  • Certificación ISO 14001 dende 2001
  • Certificación ISO 9001 dende 2003

Notas[editar | editar a fonte]