Santa María de Xeve, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°28′17″N 08°36′07″O / 42.47139, -8.60194

Santa María de Xeve
Santa María de Xeve.jpg
Concello Pontevedra
Poboación 867 hab. (2014)
Entidades de poboación 5

Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 867 habitantes (403 homes e 464 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 972 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.[Cómpre referencia]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Penedo de Argoenca.

En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.

A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.

Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa María de Xeve[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa María de Xeve no concello de Pontevedra

O Couso | Os Fontáns | Frieiro | Gatomorto | A Igrexa

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]