Saltar ao contido

Verducido, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verducido
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°28′47″N 8°37′11″O / 42.47972222, -8.61972222
Área9,82 km²
Poboación913 hab. (2017)
Densidade92,97 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 913 habitantes (434 homes e 479 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.[2] Pertence ó arciprestado de Redondela-Oitavén, na diocese de Tui-Vigo.

Situación

[editar | editar a fonte]

Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Ten paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro do Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.[3]

No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.

A igrexa parroquial foi totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.

A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Ministerio de Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica (2008). VARIACIONES DE LOS MUNICIPIOS DE ESPAÑA DESDE 1842 (1 ed.). Ministerio de Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica. pp. 94–97. NIPO: 326-08-017-8. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2021. Consultado o 01/11/2021. Geve se extingue y su territorio se incorpora a Pontevedra. 10/02/1944 
  3. La nueva vida del Pontillón do Castro, La Voz de Galicia, 23-9-2010 (en castelán).

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Verducido

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Verducido no concello de Pontevedra

A Abelleira | Bordel | Covadáspera | O Gabián | O Outeiriño | Rosende | Verducido | Vilariño

Parroquias de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]