Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
A Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército, coñecida como Lei de xurisdicións, foi aprobada polo Congreso o 23 de marzo de 1906 e sancionada polo rei Afonso XIII (1886-1941), e publicada na Gaceta de Madrid o 24 de abril de 1906, no número 114.[1] Aínda que supuxo un forte intervencionismo dos militares na política xa contaba con antecedentes como a Lei de Prensa de 1881 ou o Código de Xustiza Militar de 1886, baixo os gobernos de Cánovas del Castillo.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
A raíz do desastre de Cuba e Filipinas e da conseguinte corrente antimilitarista que se estendera entre as masas populares, os militares reaccionan escudados no monarca obrigando ó goberno de Segismundo Moret a aprobar en 1906 a Lei de xurisdicións. O que os militares entenden como inxerencia da sociedade civil nos seus asuntos culmina co asalto do exército a dúas publicacións barcelonesas, a satírica ¡Cu-cut! e o xornal La Veu de Catalunya.
A lei poñía baixo xurisdición militar os delitos contra os símbolos do Estado Español e incluía as inxurias de palabra ou por escrito. Varios dos artigos supoñían un importante recorte ás liberdades públicas, en particular á liberdade de expresión.
Tanto republicanos coma carlistas opuxéronse a ela. De igual xeito, os partidos catalanistas, interpretándoa como ataque directo a Cataluña, pois en pouco tempo comezaron a producir condenas (ao director da Campana de Gracia, ao catalanista Luis Manau, a un periodista do Empordà Federal, etc.) constituirían a partir dese momento a coalición política que se coñeceu como Solidaritat Catalana.[3]
O 23 de febreiro de 1906, cando a lei aínda non era efectiva, Miguel de Unamuno deu unha resoante conferencia no teatro da Zarzuela contra esa lei que só os daquela chamados progresistas históricos querían aprobar.
A evidente deterioración do parlamentarismo poñía o poder en mans do monarca e do corpo de oficiais. Coa ambigua aquiescencia de Afonso XIII, o capitán xeneral Miguel Primo de Rivera encabezaría en 1923 unha ditadura que persistiría ata 1930. A Lei de Xurisdicions durou ata o 17 de abril de 1931 cando o goberno a derrogou por un decreto, que posteriormente as Cortes converterían en lei.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arroyo, M. (1990). "Política y periodismo: la caricatura de ¡Cu-Cut! desencadenante de la ley de jurisdicciones". Documentación de las Ciencias de la Información (en castelán) (Universidad Complutense) 13. ISSN 0210-4210.
- Núñez Florencio, Rafael (1990). Militarismo y antimilitarismo en España (1888-1906). Col. Biblioteca de Historia. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07058-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ley para la represión de los delitos contra la Patria y el Ejército Gaceta de Madrid, núm. 114, martes 24 de abril de 1906, p. 317-318.