Santos Juliá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santos Juliá
Historiador-Santos-Julia-Marta-Jara EDIIMA20140909 05 (cropped).jpg
Nome completoSantos Juliá Díaz
Nacemento1940 e 16 de setembro de 1940
 Ferrol
Falecemento23 de outubro de 2019
 Hospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónhistoriador, sociólogo e Cátedra universitaria
PremiosPremio Nacional de Historia de España, Francisco Umbral Prize for Book of the Year e Medal of Merit in Research and University Education
editar datos en Wikidata ]

Santos Juliá Díaz, nado en Ferrol en 1940 e finado en Madrid o 23 de outubro de 2019, foi un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en ciencia política e socioloxía pola Universidade Complutense e catedrático de historia social e do pensamento político na UNED, é autor de bo número de traballos sobre a historia política e social de España durante o século XX, así como de obras dedicadas á historiografía.

Obras[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas obras máis recoñecidas son Manuel Azaña. Una biografía política (1990), Los socialistas en la política española (1997), Un siglo de España. Política y sociedad (1999) ou Historias de las dos Españas (2004), pola que recibiu o Premio Nacional de Historia de España dese ano, que outorga o Ministerio de Cultura. Tamén dirixiu obras colectivas como Víctimas de la guerra civil (1999) e La violencia política en la España del siglo XX (2000). Xunto co seu labor académico exerce asemade como comentarista de política española no xornal El País.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]