Feitos do ¡Cu-Cut!
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
¡Cu-Cut! foi unha revista satírica de ideoloxía catalanista de comezos do século XX.
O 25 de novembro de 1905 un centenar de militares asaltou a redacción desta revista e de La Veu de Catalunya como reacción a unha caricatura antimilitarista de Joan Junceda que aludía á vitoria da Lliga Regionalista nas eleccións municipais. O presidente do goberno, Eugenio Montero Ríos, dimitiu e ó ano seguinte aprobaríase a lei de xurisdicións, polo que os delitos contra a patria ou o exército serían xulgados pola xustiza militar.
A raíz do rexeitamento desta lei os partidos catalanistas uniríanse no que sería Solidaritat Catalana. Desde entón o mapa electoral catalán cambiou substancialmente: foi a fin dos partidos dinásticos da Restauración e o triunfo dos partidos de oposición ó réxime. O xogo político repartiuse entre a Lliga Regionalista e os partidos republicanos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arroyo, M. (1990). "Política y periodismo: la caricatura de ¡Cu-Cut! desencadenante de la ley de jurisdicciones". Documentación de las Ciencias de la Información (en castelán) (Universidad Complutense) 13. ISSN 0210-4210.
- Claret, Jaume; Santirso, Manuel (2014). La construcción del catalanismo. Historia de un afán político (en castelán). Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-8319-898-8.
- De Riquer, Borja (2013). Alfonso XIII y Cambó. La monarquía y el catalanismo político (en castelán). Barcelona: RBA. ISBN 978-84-9006-594-5.
- Juliá, Santos (1999). Un siglo de España. Política y sociedad. (en castelán). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-9537903-1.
- Moreno Luzón, Javier (2009). "Alfonso XIII, 1902-1931". Restauración y Dictadura. Vol. 7 Historia de España dirixida por Josep Fontana e Ramón Villares (en castelán). Barcelona: Crítica/Marcial Pons. ISBN 9788474239218.
- Tusell, Javier; García Queipo de Llano, Genoveva (2002 [2001]). Alfonso XIII. El rey polémico (en castelán) (2ª ed.). Madrid: Taurus. ISBN 84-306-0449-9.