Saltar ao contido

Teatro San Moisè

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Teatro San Moisè
CidadeVenecia
PaísItalia
Inauguración1640
editar datos en Wikidata ]

O Teatro San Moisè foi un teatro de ópera da cidade de Venecia (Italia), activo dende 1640 ata 1818. Foi un lugar prominente preto do Palazzo Giustinian e a igrexa de San Moisés na entrada do Gran Canal.

Creado pola rama San Barnaba da familia Giustinian, a súa primeira produción en 1640 foi a ópera de Claudio Monteverdi (hoxe perdida), L'Arianna. A continuación, pasou a mans da familia de Zane e foi empregado pola empresa de Ferrari. O libretista Giovanni Faustino foi un dos primeiros empresarios do teatro.

Dende o principio foi, a pesar de ser un dos máis pequenos teatros de Venecia, tamén un dos máis influentes. En 1668 foi ampliado a 800 asentos, e posteriormente, en 1674, foi adquirido polo empresario Francesco Santurini, que causou unha revolución baixando o prezo das entradas á metade (2 liras), o que levou a un «boom» da ópera e unha maior proliferación de teatros activos na cidade.

A principios do século XVIII Gasparini, Vivaldi e Albinoni estiveron activos en San Moisè. Durante a década de 1740, a ópera buffa napolitana chegou a Venecia e San Moisè foi un dos primeiros teatros onde se concentrou este xénero, con obras de Baldassare Galuppi, en colaboración con Carlo Goldoni, por exemplo. Esta tendencia mantívose durante a meirande parte do século. Nos anos 1770 e 1780 o teatro estaba baixo o control do prolífico libretista Giovanni Bertati, o poeta Cesareo (poeta imperial) da ópera italiana en Viena, que se concentraron en drammi giocoso con Pasquale Anfosso e outros compositores.

San Moisè finalmente pechou as súas portas en 1818 tras producir unha serie de farsas de Rossini. En primeiro lugar, converteuse nun teatro de monicreques, e logo foi reconstruído como o Teatro Minerva. A finais do século XX convertérase en parte nunha tenda e nun bloque de pisos.

Estreas no Teatro San Moisè

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Schwager, Myron (1986) Public opera and the trials of the Teatro San Moisè. Early Music.1986; 14: 387-396
  • Zoppelli, Luca (1992), lemma Venice nel The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (Londres) ISBN 0-333-73432-7