Karachi
کَراچی (ur) Karachi (en) ڪراچي (sd) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Paquistán | |||
Province of Pakistan (en) | Sind | |||
Capital de | Sind (1947–) | |||
Capital | Gulshan Town (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 14.910.352 (2017) (4.227,49 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua urdú | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.527 km² | |||
Altitude | 8 m | |||
Creación | 1729 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Murtaza Wahab (en) (2023–) | |||
Órgano lexislativo | Karachi Metropolitan Corporation (en) Circunscrición: 209, (Escano: 305) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 74000–75900 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 021 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | kmc.gos.pk | |||
Karachi (en urdú: كراچى e en sindhi: ڪراچي) é a cidade máis grande de Paquistán e a 12ª máis grande do mundo, cunha poboación de máis de 20 millóns de habitantes na súa aglomeración urbana.[1][2][3] Está situada no extremo sur do país ao longo da costa do mar Arábigo. É a antiga capital de Paquistán e capital da provincia de Sind. Clasificada como unha cidade beta-global,[4][5] é o principal centro industrial e financeiro de Paquistán,[6] cun PIB estimado de máis de 200 billóns de dólares estadounidenses (datos de 2021).[7][8]
Karachi é a cidade de Paquistán máis cosmopolita e diversa tanto a nivel lingüístico, étnico como relixioso,[9] así como unha das cidades socialmente máis liberais de Paquistán.[10][11][12] Karachi serve como centro de transporte e acolle os dous portos marítimos máis grandes de Paquistán, o porto de Karachi e o porto de Qasim, así como o aeroporto máis transitado de Paquistán, o Aeroporto Internacional de Jinnah.[13] Karachi tamén é un centro de medios, sede de canles de noticias, sede da industria cinematográfica e da moda de Paquistán. A maioría das empresas e bancos multinacionais de Paquistán teñen a súa sede en Karachi. É ademais un impotante destino turístico debido ás súas pintorescas praias, edificios históricos e centros comerciais.
Coñecida como a "Cidade das Luces" nas décadas de 1960 e 1970 pola súa vibrante vida nocturna,[14] Karachi sufriu un forte conflito étnico, sectario e político na década de 1980 coa chegada a grande escala de armamento durante a guerra soviético-afgá.[15] A cidade fíxose coñecida polas súas altas taxas de delitos violentos, pero os crimes rexistrados diminuíron drasticamente tras unha operación de represión contra os criminais, o partido político MQM e os militantes islamitas, iniciada en 2013 polos Rangers de Paquistán.[16] Como resultado da operación, Karachi pasou de ser clasificada como a sexta cidade máis perigosa do mundo por crimes en 2014 a 128ª en 2022.[17]
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión estivo habitada durante milenios.[18] Os datos históricos semellan mostrar que dende os tempos de Alexandre Magno xa se coñecía o extremo occidental do delta do Indo coma bo porto natural. E xa na área de terra firme libre de marismas e mareas asentáronse pescadores, unha das cales, Mai Kolachee segundo a lenda, deu orixe á aldea que con diferentes denominacións derivadas do seu nome ao longo dos séculos, terminaría por nomear a cidade actual.
Fundación de Kolachi
[editar | editar a fonte]Non foi até o ano 1729 que se fundou a vila fortificada de Kolachi.[19][20] Gradualmente, Karachi (Kolachi) iniciou actividades comerciais a través do Mar Arábigo con Musqat e Bahrain. Pertencía daquela (século XVIII) a emiratos locais: primeiro os de Kalhora de Sind e despois ó de Kalat xa coma un pequeno posto comercial.
En 1795 pasou ao poder dos Talpura, os que erixen un pequeno forte na bocana do porto natural, na punta de Manora. Pero non foi suficiente para conter as ansias coloniais da Compañía Británica das Indias Orientais, que xa dende 1799 tiña un posto alí e que en 1839 se fixo co control de Karachi.
Karachi británica
[editar | editar a fonte]Xa en 1843, Charles Napier, primeiro gobernador do recentemente anexionado Sind, trasladou a capital a Karachi. Iniciou a tarefa de construír unha cidade inmediata ao pobo nativo. Comezou coa defensa facendo de Karachi o cuartel xeral do exército na rexión. Ampliou os límites municipais ata os 190 km2 (Karachi vella ocupaba 10).
Como eran evidentes as magníficas condicións do privilexiado porto natural, o seguinte paso foi desenvolvelo coma porto comercial.[20] Drenouse o canal de entrada e construíuse a chamada Mole que unía a cidade co peirao principal en Keamari. A resultas, en breve tempo a cidade converteuse en punto de atracción dun fluxo migratorio dende Mumbai (parsis), Goa, o Kuch, xente con iniciativa en busca de novos negocios (14.000 h. en 1850-60).
En 1861 chegou o ferrocarril, e coa forte demanda de algodón pola guerra civil americana, o incremento do tráfico portuario e a prosperidade. Inda máis coa apertura do Canal de Suez en 1869. Karachi era o punto de saída para toda a rica rexión agrícola da conca do Indo. Novas ampliacións do porto e máis crecemento da cidade que supera os 100.000 habitantes co cambio de século.
Karachi estruturábase ao longo de dous eixos: Bundar, que do leste ao oeste unía ó Mole coa cidade británica bordeando a vella cidade nativa, e Elphinstone, avenida norte-sur da nova cidade.
O estoupido da primeira guerra mundial continuou a beneficiala. En 1914 inaugurouse o East Wharf, un longo peirao contiguo ao Mole. Por entón Karachi era un dos portos maiores e mellores do mundo, verdadeira porta da India co traslado da capitalidade a Delhi. Ademais, foi proclamada capital do Sind, coma provincia segregada da Presidencia de Mumbai. En 1924 construíuse o principal aeródromo do subcontinente e mesmo un mastro e hangar para dirixibles.
Independencia: capital de Paquistán
[editar | editar a fonte]En 1947 Karachi foi designada capital do novo estado de Paquistán trala independencia e partición do subcontinente (o seu primeiro presidente, Ali Jinnah, era nado na cidade e a rúa Bundar leva agora o seu nome). Por mor da independia, a cidade experimentou un cambio dramático na poboación e na demografía coa chegada de centos de miles de refuxiados musulmáns muhajir (persoas de fala urdú) da India,[21] xunto cun éxodo substancial dos seus residentes hindús que marcharon á India, cuxo número diminuíu do 51,1% a 1,7% da poboación total.[22][23]
Pero en 1958 a capitalidade foi transferida ao afastado norte e a cidade comezou un longo período de declive polo abandono das autoridades gobernamentais fronte aos problemas que supuñan o continuo aumento dos inmigrantes das zonas rurais. Karachi pasou de 400.000 habitantes no momento da independencia a máis de catorce millóns en 2017.[24] A cidade experimentou un rápido crecemento económico despois da independencia de Paquistán, atraendo migrantes de todo o país e doutras rexións do sur de Asia.[25]
A pesar de perder a capitalidade, continúa a ser o porto do país e o principal centro económico, industrial e financeiro a máis dunha das maiores cidades do mundo, coa excepcional característica de carecer de área metropolitana, en parte debida a enorme extensión dos seus límites administrativos (3 530 km²).[26]
Demografía
[editar | editar a fonte]Karachi é a cidade máis diversa de Paquistán, tanto a nivel lingüístico, étnico como relixioso.[9] É un crisol de culturas e acolle diferentes grupos etnolingüísticos do país, así como tamén inmigrantes doutras partes de Asia. No censo de poboación do ano 2017 indicábase que Karachi tiña 14 910 352 habitantes, cun crecemento anual dun 2,49% dende o censo de 1998, no que se contabilizaron arredor de 9,8 millóns de persoas.[27]
Gráfica de evolución demográfica de Karachi entre 1729 e 2017 |
Linguas
[editar | editar a fonte]Karachi ten o maior número de falantes de urdú de Paquistán.[28][29] Segundo o censo de 2017, a repartición lingüística de Karachi era a seguinte:
Lingua | Posición | Censo de 2017[30] | Nº de falantes | Censo de 1998[31] | Nº de falantes | Censo de 1981[32] | Nº de falantes |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Urdú | 1 | 42,30% | 6 779 142 | 48,52% | 4 497 747 | 54,34% | 2 830 098 |
Paxto | 2 | 15,01% | 2 406 011 | 11,42% | 1 058 650 | 8,71% | 453 628 |
Punjabi | 3 | 10,73% | 1 719 636 | 13,94% | 1 292 335 | 13,64% | 710 389 |
Sindhi | 4 | 10,67% | 1 709 877 | 7,22% | 669 340 | 6,29% | 327 591 |
Saraiki | 5 | 4,98% | 798 031 | 2,11% | 195 681 | 0,35% | 18 228 |
Baluchi | 6 | 4,04% | 648 964 | 4,34% | 402 386 | 4,39% | 228 636 |
Outras | 7 | 12,25% | 1 963 233 | 12,44% | 1 153 126 | 12,27% | 639 560 |
Totais | 100% | 16 024 894 | 100% | 9 269 265 | 100% | 5 208 132 |
A categoría "outras" inclúe as seguintes linguas: hindko, caxemirés, kohistani, burushaski, gujarati, memoni, marwari, dari, brahui, siddi, hazara, khowar, shina, balti, árabe, persa, bengalí e támil.[33]
Relixión
[editar | editar a fonte]Karachi é unha cidade relixiosamente homoxénea con máis do 96 por cento da súa poboación adherida ao islam.[38] Os habitantes adhírense a numerosas seitas e sub-seitas do islam, así como ao protestantismo e ao catolicismo. A cidade tamén é fogar dun bo número de fieis do hinduísmo e unha pequena comunidade de zoroastristas e parsis. Segundo Nichola Khan, Karachi tamén a meirande cidade musulmá do mundo.[39] Antes da independencia de Paquistán en 1947, a composición relixiosa da cidade era moi diferente, sendo un 51,1% hindús, 42,3% musulmáns e o 7% restante principalmente cristiáns (tanto británicos como nativos), sikhs, xainistas e un pequeno número de xudeus.[40] Trala independencia de Paquistán, a maioría da poboación hindú de Karachi marchou á India, mentres que moitos refuxiados musulmáns da India se asentaron en Karachi. Está migración masiva cambiou drasticamente a composición relixiosa da cidade.
Transporte
[editar | editar a fonte]A cidade de Karachi conta co Aeroporto Internacional Jinnah, antes denominado Aeroporto Internacional Quaid-e-Azam. É o maior aeroporto comercial do país, cun tráfico de dez millóns de viaxeiros ao ano. Tamén é no que máis compañías estranxeiras operar, a maior parte de Oriente Medio e o Sueste asiático.
En canto a dotación portuaria, a cidade conta co maior porto de Paquistán xunto co próximo porto Muhammad Bin Qasim, construído para desconxestionar o porto de Karachi. É unha das vías de acceso á países de Asia central, como Afganistán, que non contan con costa.
Karachi está unida por ferrocarril co resto do país por Pakistan Railways. As dúas maiores estacións da cidade son as de Karachi City Station e Karachi Cantonment Station. A maiores do transporte de pasaxeiros o ferrocarril ten grande importancia na cidade xa que unha gran cantidade das mercancías que entran na cidade polo porto sen despois dela en tren. Na actualidade existen plans para aumentar a rede de ferrocarris urbanos para confeccionar a Karachi Circular Railway de transporte público, que sirva para desconxestionar as estradas e facilite un transporte público rápido.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ten major cities' population up by 74pc". Consultado o 21 de outubro de 2017.
- ↑ "Population size and growth of major cities" (PDF). Pakistan Bureau of Statistics. 1998. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ Amer, Khawaja (10 de xuño de 2013). "Population explosion: Put an embargo on industrialisation in Karachi". The Express Tribune. Consultado o 16 de xuño de 2017.
- ↑ "GaWC – The World According to GaWC 2008". Lboro.ac.uk. 3 de xuño de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ "GAWC World Cities Ranking List". Diserio.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ "PIGJE". pigje.com.pk. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "Karachi: The backbone of Pakistan". Setembro de 2020.
- ↑ "| Finance Division | Government of Pakistan |". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 Inskeep, Steve (2012). Instant City: Life and Death in Karachi. Penguin Publishing Group. p. 284. ISBN 978-0-14-312216-6. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ Paracha, Nadeem F. (26 de setembro de 2014). "Visual Karachi: From Paris of Asia, to City of Lights, to Hell on Earth". Dawn. Consultado o 8 de marzo de 2016.
- ↑ Abbas, Qaswar. "Karachi: World's most dangerous city". India Today. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Pakistani journalists face threats from Islamists". Deutsche Welle. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Details – The World Factbook". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Gayer, Laurent (2014). Karachi: Ordered Disorder and the Struggle for the City. Oxford University Press. pp. 18 e 256. ISBN 978-0-19-023806-3.
- ↑ "2011 brings a violent and bloody year of ethnic conflict to Karachi, Pakistan". 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2016.
- ↑ ur-Rehman, Zia (7 de novembro de 2015). "Crime Down in Karachi, Paramilitary in Pakistan Shifts Focus". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ "Karachi's ranking improves on World Crime Index". www.geo.tv. Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ Mahim, Maher (3 de novembro de 2013). "Karachi's Stone Age proves history didn't start with the Muslims". The Express Tribune. Consultado o 16 de outubro de 2016.
- ↑ Askari, Sabiah (2015). Studies on Karachi: Papers Presented at the Karachi Conference 2013. Cambridge Scholars Publishing. ISBN 978-1-4438-7744-2. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ 20,0 20,1 Gayer, Laurent (2014). Karachi: Ordered Disorder and the Struggle for City. HarperCollins Publishers. p. 368. ISBN 9789351160861. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Port Qasim | About Karachi". 10 de febreiro de 2014.
- ↑ "CENSUS OF INDIA, 1941 VOLUME XII SIND" (PDF). Consultado o 6 de decembro de 2021.
- ↑ "Population According to Religion" (PDF). Census of Pakistan, 1951. pp. 8,22.
- ↑ "Population of Major Cities – Census 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2017.
- ↑ Brunn, Stanley (2008). Cities of the World: World Regional Urban Development. Rowman & Littlefield. p. 647. ISBN 978-0-7425-5597-6. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Karachi Metropolitan Corporation". City District Government of Karachi. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ "Karachi's population – fiction and reality". The Express Tribune. 14 de setembro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2017.
- ↑ Amos Owen Thomas 2005, pp. 121.
- ↑ "2017 census shows ratio of Urdu-speaking populace decreasing in Karachi". The News International. Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ "Table 11 – Population by mother tongue, sex and rural/urban" (PDF). Pakistan Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de agosto de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ Jonah Blank, Christopher Clary & Brian Nichiporuk 2014.
- ↑ Stephen P. Cohen 2004.
- ↑ "Karachi". Findpk.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2014.
- ↑ "Religions in Pakistan". The World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2013.
- ↑ Curtis, Lisa; Mullick, Haider (4 de maio de 2009). "Reviving Pakistan's Pluralist Traditions to Fight Extremism". The Heritage Foundation. Consultado o 31 de xullo de 2011
- ↑ a b c "Religions: Islam 95%, other (includes Christian and Hindu, 2% Ahmadiyyah ) 5%". CIA. The World Factbook on Pakistan. 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ # ^ International Centre for Political Violence and Terrorism Research at Nanyang Technological University, Singapore: "Have Pakistanis Forgotten Their Sufi Traditions?" por Rohan Bedi. Abril de 2006
- ↑ Peter van der Veer: Handbook of Religion and the Asian City – Aspiration and Urbanization in the Twenty-First Century, California University Press, 2015, ISBN 9780520961081, p. 388
- ↑ Khan, Nichola (2016). Cityscapes of Violence in Karachi: Publics and Counterpublics. Oxford University Press. ISBN 9780190869786.
... Cunha poboación de máis de 23 millóns, Karachi é tamén a meirande cidade musulmá do mundo, a sétima aglomeración urbana do mundo...
- ↑ "Cesus of India, 1941 volume XII Sind" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2021.
- ↑ "Here are the TWIN Sisters of Karachi, Lahore, Islamabad, Multan, and other Pakistani cities, from across the globe". siasat.pk. 19 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021.
- ↑ "Qom". toiran.com. Consultado o 13 de outubro de 2021.
- ↑ "China's Tianjin Municipality named sister-city to Karachi, Islamabad". pakistantoday.com.pk. 21 de setembro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021.
- ↑ "Three Chinese towns named sister cities to Karachi, Gwadar, Multan". dawn.com. 29 de marzo de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karachi |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do goberno de Karachi (en inglés)
- Festival de Cine de KarachiArquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina web do Aeroporto Internacional de Karachi (en inglés)