Saltar ao contido

Mashhad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMashhad
مشهد‎ (fa) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Alcumeپایتخت معنوی ایران e The spiritual capital of Iran Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°17′51″N 59°36′21″L / 36.2974944, 59.6059231
EstadoIrán
ProvinciasCoração Razavi (pt) Traducir
County of Razavi Khorasan Province (en) TraducirMashhad County (en) Traducir
DistritoCentral District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.001.184 (2016) Editar o valor en Wikidata (9.149,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua persa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie328 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude982 m Editar o valor en Wikidata
Creación818 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Xefe do gobernoMohammad Reza Ghalandar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1333591886 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico۰۵۱۳ Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmashhad.ir Editar o valor en Wikidata

Mashhad (ou Meshed) é unha importante cidade do nordeste de Irán, segunda do país por poboación tras Tehrán e capital da provincia de Khorasán. Destacado centro relixioso e de peregrinación para os xiítas (tumba de Alí al-Rida, uns vinte millóns de visitantes cada ano), é ademais un núcleo comercial, industrial e de transportes para a rexión agrícola que a circunda. En 2006 tiña 2 907 316 habitantes.

No comezo do século IX era a pequena aldea de Sanabad cando, de paso polo lugar, o califa Harum al-Rashid foi alí enterrado tras enfermar e morrer. Pouco despois, en 818, foi tamén enterrado ao seu carón o Imán Reza (Alí al-Rida), morto coma mártir na próxima Tus. Por iso Sanabad renomeouse Mashhad al-Rida ("lugar do martirio de al-Rida").

Acadou relevancia despois das destrucións mongois (século XIII), cando moitos refuxiados das cidades arrasadas da rexión (a mesma Tus antedita) asentáronse na vila, sendo xa unha das principais cidades da época timúrida e safávida, mesmo capital persa durante o breve período (1736-50) da dinastía afshárida.

Foi o lugar de nacemento de Alí Khamenei, líder supremo de Irán durante tres décadas, asasinado en 2026.