Blas Cabrera Felipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Blas Cabrera Felipe
Nacemento20 de maio de 1878
Lugar de nacementoArrecife
Falecemento1 de agosto de 1945
Lugar de falecementoCidade de México
Causapárkinson
NacionalidadeMéxico e España
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónfísico e político
FillosNicolás Cabrera e Luis Cabrera Sánchez-Real
IrmánsJuan Cabrera y Felipe
PremiosGran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
Na rede
Dialnet: 2131032
editar datos en Wikidata ]

Blas Cabrera, nado en Arrecife (Lanzarote)[1] o 20 de maio de 1878 e finado en Cidade de México o 1 de maio de 1945, foi un físico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en La Laguna e na Universidade Central de Madrid, e ocupou diversos cargos en España entre 1925 e 1936. Magnífico físico experimental, desenvolveu a súa meirande actividade no campo das propiedades magnéticas da materia, acadando un posto senlleiro na física do seu tempo. Foi anfitrión de Albert Einstein na súa visita a España no 1923.[1] Tivo como discípulos a Julio Palacios Martínez e Arturo Duperier, con quen enunciou a Lei de Cabrera-Duperier.

Foi socio fundador da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903 baixo a presidencia de Echegaray.[2] En 1931, foi nomeado reitor da Universidade Central de Madrid. Ese mesmo ano, substituíu a Leonardo Torres Quevedo, que deixara o posto por problemas de saúde, na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O ano seguinte, xunto con científicos como Miguel Catalán Sañudo ou o seu discípulo, Julio Palacios, deulle pulo á creación do Instituto Nacional de Física e Química, tras recibir unha doazón da Fundación Rockefeller. A sede qeudou establecida no chamado edificio Rockefeller na rúa Serrano de Madrid (hoxe é a sede do Instituto de Química-Física Rocasolano, do CSIC).

En 1933 participou na creación da Universidade Internacional de Verán de Santander (actual Universidade Internacional Menéndez Pelayo), sendo nomeado o seu reitor o ano seguinte. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais entre 1934 e 1938.

En 1936, atopábase en Santander, cando estourou a Guerra Civil. Pasou a Francia e dende alí a Madrid. En 1937, o presidente da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pieter Zeeman, nomeouno secretario da Oficina, cargo que ostentaría entre 1937 e 1941, marchando a vivir a París.

Despois da guerra civil española foi depurado como catedrático polo réxime franquista. Non houbo proceso con posibilidade de contradición, aplicando só unha Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos[3]:

... se separa definitivamente por ser pública y notoria la desafección de los catedráticos universitarios que se mencionarán al nuevo régimen implantado en España, no solamente por sus actuaciones en las zonas que han sufrido y en las que sufren la dominación marxista, sino también por su pertinaz política antinacionalista y antiespañola en los tiempos precedentes al Glorioso Movimiento Nacional. La evidencia de sus conductas perniciosas para el país hace totalmente inútiles las garantías procesales que, en otro caso constituyen la condición fundamental en todo enjuiciamiento, y por ello, este Ministerio ha resuelto separar definitivamente del servicio y dar de baja en sus respectivos escalafones a los señores: Luis Jiménez de Asúa, Fernando de los Ríos Urruti, Felipe Sánchez Román y José Castillejo Duarte, catedráticos de Derecho; José Giral Pereira, catedrático de Farmacia; Gustavo Pittaluga Fattorini y Juan Negrín López, catedráticos de Medicina; Blas Cabrera Felipe, catedrático de Ciencias; Julián Besteiro Fernández, José Gaos González Pola y Domingo Barnés Salinas, catedráticos de Filosofía y Letras, todos ellos de la Universidad de Madrid. Pablo Azcárate Flórez, Demófilo de Buen Lozano, Mariano Gómez González y Wenceslao Roces Suárez, catedráticos excedentes de Derecho
Orden del 3 de febrero de 1939, Ministerio de Educación Nacional.

Exilio[editar | editar a fonte]

Exiliado en México, foi acollido pola Facultade de Ciencias da Universidade Nacional Autónoma de México, onde traballou como Profesor de Física Atómica e de Historia da Física. En 1944 comezou a dirixir a revista Ciencia, editada polos científicos españois exiliados, tras a morte de Ignacio Bolívar. Ese mesmo ano, a Institución Cultural Española de Bos Aires publicou seu último libro, El magnetismo de la materia. Morreu no exilio mexicano en 1945.

O 21 de decembro de 2018 foi rehabilitado, xunto a outros seis científicos, polo goberno español. o que se fixo efectifo o 30 de xaneiro de 2019.[1][4]

Cargos[editar | editar a fonte]

Busto de Blas Cabrera no Instituto Cabrera Pinto en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife)
Busto de Blas Cabrera no Instituto Cabrera Pinto en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife)

Membro e presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Foi membro da Real Academia Española (onde ocupou a presidencia despois do seu amigo e profesor Santiago Ramón e Cajal), presidente da Sociedade Español de Física e Química, director do Laboratorio de Investigación Física (do Consello de Extensión de Estudos), director do Instituto Nacional de Física e Química, membro estranxeiro da Academia Francesa de Ciencias, membro do Comité Científico das Conferencias Solvay (Bruxelas ), reitor da Universidade Central de Madrid e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e secretario do Comité Internacional de Pesas e Medidas de París.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La teoría de los magnetones y la magnetoquímica de los compuestos férricos (1912).
  • Principios fundamentales de análisis vectorial en el espacio de tres dimensiones y en el Universo de Minkowski (1912 13).
  • Estado actual de la teoría de los rayos X y Y. Su aplicación al estudio de la estructura de la materia (1915).
  • ¿Qué es la electricidad? (1917).
  • Magnéto-chimie (1918) (en francés).
  • El estado actual de la teoría del magnetismo (1916-1919).
  • Principio de relatividad (1923).
  • Paramagnetismo y estructura del átomo y de la molécula (1923-1927).
  • El átomo y sus propiedades electromagnéticas (1927).
  • Na conferencia Solvay de 1930
    Na conferencia Solvay de 1930
    L'Étude expérimentale du paramagnétisme : Le Magnéton (1931) (en francés).
  • Na conferencia Solvay 1933
    Na conferencia Solvay 1933
    Electricidad y teoría de la materia (1933).
  • Dia- et paramagnétisme et structure de la matière (1937) (en francés).
  • El atomismo y su evolución (1942).
  • El magnetismo de la materia (1944).

Para saber máis[editar | editar a fonte]

  • Martínez Navarro, Francisco (2005). Blas Cabrera Felipe. Madrid: Dykinson, Goberno das Canarias. p. 178. ISBN 84-9772-784-3. OCLC 173243678.[5] Consultado o 9 de maio de 2018.
  • Romero de Pablos, Ana (2002). Cabrera, Moles, Rey Pastor. La europeización de la ciencia, un proyecto truncado. Madrid: Nivola.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ansede, Manuel (2018-12-21). "Justicia para el anfitrión de Einstein en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-12-21. 
  2. "A la memoria de Arturo Duperier Vallesa" (PDF). www.divulgameteo.es. Consultado o 2018-12-18. 
  3. La destrucción de la ciencia en España : depuración universitaria en el franquismo (1. ed ed.). Madrid: Editorial Complutense. 2006. ISBN 9788474918083. OCLC 122306856. 
  4. "España homenajea a siete científicos represaliados por Franco y les devuelve su diploma académico". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-30. 
  5. Francisco., Martínez Navarro, ([2005]). Blas Cabrera Felipe : biografías de científicos Canarios. [Madrid]: Dykinson. ISBN 9788497727846. OCLC 173243678. 
  6. Ana., Romero de Pablos, (2002). La europeización de la ciencia. Un proyecto truncado : Cabrera, Moles, Rey Pastor. Madrid: Nivola Libros y Ediciones. ISBN 9788445123584. OCLC 51612135. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]