Jugoslovenska Radiotelevizija
| Jugoslovenska Radiotelevizija | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava:
| Ente | Sede Central | |
|---|---|---|
| Radiotelevizija Sarajevo | Saraxevo | |
| Radiotelevizija Zagreb | Zagreb | |
| Radiotelevizija Skopje | Skopje | |
| Radiotelevizija Titograd | Titogrado | |
| Radiotelevizija Beograd | Belgrado | |
| Radiotelevizija Novi Sad | Novi Sad | |
| Radiotelevizija Priština | Pristina | |
| Radiotelevizija Ljubljana | Liubliana | |
A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización.
Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.
Desintegración
[editar | editar a fonte]Durante a partición de Iugoslavia, moitas das súas antigas unidades federales proclamáronse a si mesmas como independentes, á vez que os seus respectivos centros radiodifusores cambiaban de nome, por exemplo:
| País | Organismo | Ano | Siglas |
|---|---|---|---|
| Radio-Televizija Bosne i Hercegovine | 1992 | RTBiH | |
| Radio-Televizija Republike Srpske | 1992 | PTPC | |
| Radio-Televizija Federacije Bosne i Hercegovine | 1992 | RTVFBiH | |
| Hrvatska Radiotelevizija | 1990 | HRT | |
| Radiotelevizija Slovenija | 1991 | RTVSLO | |
| Makedonska Radio Televizija | 1993 | MKRTV | |
| Radio-televizija Crne Gore | 1992 | RTCG | |
| Radio-televizija Srbije | 1992 | PTC | |
| Radio Televizioni i Kosovës (RTV Priština aínda existe, pero non emite programación)[1] | 1992 | RTK | |
| Radio-Televizija Vojvodine | 1992 | PTB | |