Jesús López Castiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús López Castiñeira
Nacemento1890
 Lugo
Falecemento1964
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
FillosÁgueda de Vianney e Josefina López de Serantes
editar datos en Wikidata ]

Jesús López Castiñeira, nado en Lugo en 1890 e finado en 1964, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou na fundición de Julio Wonenburger e despois na Sociedad Española de Construcciones Metálicas. Emigrou aos Estados Unidos, e en Nova York traballou na Mapos Central Sugar Co., empresa coa que estivo destinado un tempo en Cuba. Foi secretario do Centro Andaluz de New York City, onde exerceu tamén de animador cultural e participou como actor en diversas representacións.

Como xornalista colaborou na revista semanal barcelonesa La Tribuna, cos pseudónimos de El Terrible López e Santón de la Puntilla. Escribiu unha obra teatral, o xoguete cómico Misticismo y Flamenquismo (1919) e os artigos “Brujerías” (1913), “El Gobernador de la Tierra” (1914), “El Paraíso Perdido” (1915) e “Los náufragos del Potomac” (1915), así como os poemas “La Niña de los ojos de color del cielo” (poemita, 1914), “A S.M. Julia I” (1914) e a canción“¡Se la llevaron!” (1916).

Entrou en bancarrota, e logrou regresar a Galicia, onde casou coa súa moza Josefina. Foi pai das escritoras Josefina López de Serantes e María Teresa López González, que asinaba co pseudónimo de Águeda de Vianney. Tivo outra filla chamada Carmen, morta con sete meses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]