Jaime González Chas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime González Chas
Nacemento11 de agosto de 1933
 A Coruña
Falecemento28 de novembro de 2011
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatirador desportivo
CónxuxeEvelyne Manchon
editar datos en Wikidata ]

Jaime González Chas, nado na Coruña o 11 de agosto de 1933 e falecido en Arteixo o 28 de novembro de 2011, foi un tirador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

González Chas foi o practicante de tiro olímpico con maior transcendencia de Galicia. Practicante de diversas especialidades, proclamouse campión de España en 59 ocasións. En 1968 participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos, na edición de México (posto 31º), participación olímpica que revalidou en Múnic 1972, onde obtivo o seu resultado internacional máis destacado, pois rematou en quinta posición na final de pistola de velocidade 25 metros, competición gañada polo polaco Józef Zapedzki. Tamén participou en seis edicións do Campionato Mundial de Tiro.[1].

Tamén participou posteriormente en dúas edicións máis como tirador, Montreal 1976 (20º clasificado) e Moscova 1980 (22º clasificado[2]) , e en dúas edicións como adestrador e seleccionador de España (Barcelona 1992 e Atlanta 1996). Despois da súa retirada da práctica do tiro en activo dedicouse á formación e ao adestramento da especialidade.

Foi socio fundador da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La preparación del tirador (1997)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]