Lommel
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Bélxica | ||||
| Rexión | Rexión Flamenga | ||||
| Provincia | Provincia de Limburg | ||||
| Distrito | Distrito de Maaseik | ||||
| Capital | Lommel (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 34.044 (2018) | ||||
| Lingua oficial | lingua neerlandesa (valor oficial) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 102,37 km² | ||||
| Altitude | 48 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Bob Nijs (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3920 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 011 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | lommel.be | ||||
Lommel é un concello e cidade da provincia belga de Limburgo. En 2018 tiña 34.044 habitantes.
Ademais de cidade residencial Lommel tamén ten varias reservas da natureza, como De Watering, o Sáhara de Lommel, e numerosos bosques e uceiras. Lommel é a terceira cidade comercial de Limburgo. É unha zona de extracción de area para a industria do vidro. Algunhas canteiras de area foron transformadas en reservas da natureza e áreas recreativas, incluído o Sáhara de Lommel.
A cidade de Lommel está situada no límite entre as cuncas dos ríos Escalda, e Mosa.
Lingua
[editar | editar a fonte]O dialecto de Lommel, o Lommel, forma parte dos dialectos brabánticos orientais, e non dos limburgueses occidentais, reflectindo a historia particular do lugar.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome vén de Loemelo. Loem Significa húmido, pantanoso, e Lo bosque.
Eventos deportivos
[editar | editar a fonte]Dende 2017 celébrase na cidade o European Open, torneo do campionato mundial de snooker.
