Jeffrey Herlings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJeffrey Herlings

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Geldrop, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesThe Bullet Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata
Número deportivo84 Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPeter Herlings (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjeffreyherlings.eu Editar o valor em Wikidata
Facebook: jeffrey.herlings Twitter: jherlings84 Instagram: jeffrey_herlings84 Editar o valor em Wikidata


Jeffrey Herlings, nado en Geldrop, Brabante do Norte, o 12 de setembro de 1994, é un piloto de motocrós neerlandés.

Foi catro veces campión do mundo de motocrós e está considerado un dos mellores pilotos da historia deste deporte.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

En 2002 converteuse en campión de motocrós xuvenil holandés. O seu gran salto chegou en 2008 cando se converteu sucesivamente en campión holandés, europeo e mundial na categoría de 85cc. En 2009, pasou á categoría MX2. Recibiu permiso da Asociación Neerlandesa de Automobilismo Deportivo (KNMV) ese ano para participar no Open Nederlands en categoría MX2 con catorce anos. Rematou terceiro na loita polo título. No Campionato Europeo finalizou segundo, detrás do francés Christophe Charlier.

Mundial de MX2[editar | editar a fonte]

En 2010, debutou con 15 anos no Campionato Mundial de Motocrós en Sevlievo, Bulgaria, na categoría MX2. Unhas semanas despois converteuse no gañador máis novo dun Gran Premio, conseguindo a vitoria en Valkenswaard, durante o Gran Premio dos Países Baixos.[3] Ese mesmo ano gañou o Gran Premio de Letonia.[4] Non puido participar nos tres últimos Grandes Premios da tempada por mor dunha lesión e finalizou sexto a tempada.[5] En 2011, Herlings gañou de novo en Valkenswaard, e tamén foi o mellor nos Grandes Premios do Brasil, Portugal, Limburgo (Bélxica) e Italia. Rematou segundo na clasificación final por detrás do alemán Ken Roczen.

En 2012, gañou nove Grandes Premios e conquistou o título de campión mundial en MX2 co equipo Red Bull KTM, converténdose no primeiro campión mundial holandés dende Pedro Tragter en 1993 (125cc).

En 2013, chegou ao Gran Premio da República Checa despois de gañar os 13 primeiros Grandes Premios do Mundial. Gañou tamén na República Checa e conseguiu o seu segundo campionato mundial a falta de tres Grandes Premios. Non participou nas seguintes dúas probas pero reapareceu na última, o Gran Premio do Benelux, para obter a 15ª vitoria da tempada.[5]

Na tempada 2014, gañou todos os Grandes Premios nos que participou excepto o de México, pero unha lesión nun ombreiro[6] e logo unha rotura de fémur fixéronlle perderse catro probas polo que só puido acabar segundo na clasificación final, por detrás de Jordi Tixier.[7]

En 2015, cando lideraba o mundial e a falta de poucas probas para rematar, volveu sufrir outra lesión que o apartou das últimas carreiras e do título mundial.[5][8]

O 28 de marzo de 2016, gañou o seu 50º Gran Premio,[9] tras vencer no Gran Premio de Europa en Valkenswaard por sétima vez consecutiva e finalizou a tempada en primeira posición, conseguindo o seu terceiro título mundial en MX2, con máis de 100 puntos de vantaxe sobre o segundo, o suízo Jeremy Seewer.

Mundial de MXGP[editar | editar a fonte]

En 2017, Herlings pasouse á categoría MXGP e conseguiu rematar segundo no campionato mundial tras unha lesión na man na pretemporada. En 2018, na súa segunda tempada na máxima categoría, fíxose co título mundial tras gañar dezasete dos dezanove Grandes Premios nos que participou. Gañou 33 das 38 mangas que correu, en catro delas quedou segundo e noutra terceiro. Non correu o GP da Lombardía debido a unha lesión.

En 2017 e 2018 gañou tamén o Master of Motocross holandés (Open Nederlands kampioenschap). En 2016 e 2017 (con Glenn Coldenhoff e Brian Bogers) Herlings quedou segundo no Motocrós de Nacións e en 2018 (con Coldenhoff e Calvin Vlaanderen) quedou segundo despois de que o equipo italiano fora descualificado tras a carreira.[10][11]

Campionato Mundial de Motocross[editar | editar a fonte]

2008: Ouro Categoría de 85cc
2010: Prata Categoría MX2
2011: Prata Categoría MX2
2012: Ouro Categoría MX2
2013: Ouro Categoría MX2
2014: Prata Categoría MX2
2015: 7º Categoría MX2
2016: Ouro Categoría MX2
2017: Prata Categoría MXGP
2018: Ouro Categoría MXGP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿Será Herlings el piloto de MX más grande de todos los tiempos?" (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  2. "Jeffrey Herlings: the best motorcycle racer in the world you’ve probably never heard of" (en inglés). 13 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  3. "Home win for 15 year old Herlings at Valkenswaard" (en inglés). 25 de abril de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  4. "Jeffrey Herlings wins Grand Prix of Latvia" (en inglés). 28 de xuño de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Estatísticas". www.mxgp.com (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  6. "Jeffrey Herlings se perderá el GP de Brasil de Motocross" (en castelán). 27 de marzo de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  7. "Honor a quien Honor Merece; Jeffrey Herlings, Campeón sin Corona" (en castelán). 17 de setembro de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  8. "Red Bull KTM shocked by Herlings hip injury as MX2 blows open" (en inglés). 25 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xuñó de 2019. 
  9. Herlings schaart zich in illuster rijtje met vijftigste GP-zege
  10. "Jorge Prado deslumbra en el MX de las Naciones y España acaba octava" (en castelán). 8 de outubro de 2018. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  11. "ITALIA, DESCALIFICADA DE LAS NACIONES 2018, ESPAÑA, SÉPTIMA" (en castelán). 29 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2019.