Afyonkarahisar
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Turquía | ||||
| Provincia | Provincia de Afyonkarahisar | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 299.673 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Altitude | 1.021 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Burcu Köksal (2024–) | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 03 e 03140 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | afyon-bld.gov.tr | ||||

Afyonkarahisar, capital da provincia de Afyonkarahisar, Turquía. Situada nas beiras dor río Akar a 1 034 m. 128 516 habitantes (2004). Localizada nunha encrucillada entre Esmirna, Konya, Ankara e Istanbul, centro tradicional da maior rexión produtora de opio de Turquía.
Historia
[editar | editar a fonte]Xa o rei hitita Mursilis II construíu unha fortaleza na cidade.
Coñecida como Acroënus ata o reinado do emperador bizantino León III, o que despois da súa vitoria sobre os árabes en 740 cambioulle o nome a Nicopole (Cidade da Vitoria).
Os turcos Seljuk trocáronlle o nome para Kara Hissar (Castelo negro) por un antiga fortaleza situada sobre a rocha volcánica situada 200 metros enriba da cidade.
Conquistada polo Sultán Bayezid I en 1392, perdeuna despois da invasión de Timur Lenk en 1402, en 1428 volveu de novo a poder dos turcos.
Capturada polos gregos en 1920, serviu en agosto de 1922 como cuartel xeral de Mustafa Kemal, despois de 1923 forma parte da República de Turquía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afyonkarahisar |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
