Jeremy Seewer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeremy Seewer
Nacemento18 de xullo de 1994
Lugar de nacementoBülach
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónpiloto de motocrós
editar datos en Wikidata ]

Jeremy Seewer, nado en Bülach o 18 de xullo de 1994, é un piloto suízo de motocrós. Foi catro veces subcampión do mundo de motocrós, dúas delas en MX2 (2016 e 2017) e outras dúas na categoría raíña, MXGP (2019 e 2020).

Carreira[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Fillo de Roger Seewer, antigo campión suízo de motocrós, comezou a practicar dito deporte no 2001, cunha moto de 50 cc.[1] Aos nove anos disputou a súa primeira competición e no 2006 proclamouse campión suízo de 65cc. Volveu ser campión suízo no 2008 en 85cc, e posteriormente pasou a competir na categoría de 125cc, entrando no campionato europeo de 125cc en 2011 con Suzuki. Subiu ao podio dúas veces ese ano e terminou terceiro na clasificación final. Tamén participou nunha carreira do Campionato de Europa MX2, quedando entre os dez primeiros e no Motocrós das Nacións.[1]

Campionato de Europa de MX2[editar | editar a fonte]

En 2012 pasou ao campionato europeo de MX2, onde conseguiu un podio, pero perdeu dous Grandes Premios por unha lesión. Con todo, conseguiu o quinto posto na clasificación final.[1] Ese mesmo ano fixo a súa primeira aparición no Campionato Mundial de Motocross de MX2 e conseguiu inmediatamente os seus primeiros puntos. Correu no Campionato de Europa MX2 en 2013, acabando subcampión por detrás do seu compatriota Valentín Guillod. Participou ademais en catro Grandes Premios do Mundial, quedando no posto 27 na clasificación final.

Campionato Mundial de MX2[editar | editar a fonte]

En 2014 converteuse definitivamente en piloto do Campionato Mundial de MX2. Conseguiu puntuar en todas as carreiras do campionato, unha regularidade que se viu recompensada cun décimo posto na clasificación final. En 2015 subiu tres veces ao podio e acabou quinto na clasificación final. No 2016 foi subcampión do mundo de MX2, superado só por Jeffrey Herlings, e reptiu subcampionato no 2017, por detrás esta vez de Pauls Jonass, logrando ademais as súas primeiras vitorias en Grandes Premios, ao gañar cinco deles.[1]

Campionato Mundial de MXGP[editar | editar a fonte]

En 2018 pasou a competir na máxima categoría do Mundial, MXGP, co equipo oficial de Yamaha,[2] e na tempada 2019 conseguiu o subcampionato por detrás de Tim Gajser,[3] mesmo resultado que no 2020, no que logrou a súa primeira vitoria na máxima categoría, no Gran Premio da Lombardía.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Jeremy Seewer" (en francés). Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  2. "Yamaha se hace con los servicios de Jeremy Seewer hasta 2019" (en castelán). 19 de decembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  3. "Seewer termina subcampeón la temporada 2019 de MXGP" (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  4. "Jeremy Seewer gana su primer MXGP en Lombardía aprovechando la sanción a Jorge Prado, quien acabó tercero" (en castelán). 28 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]