Lama (material)
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |

A lama[1], ou barro[2], ou bulleiro[3], ou lodo[4], ou trollo[5], é unha mestura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo até converterse en lutita.
Usos[editar | editar a fonte]

Os usos son moi variados, desde a construción onde se usa para darlle terminación de calidade, fabricación de envases para almacenar auga, artesanías como vasos de barro, elementos decorativos e esculturas etc.
Barro na construción[editar | editar a fonte]
O barro é un dos primeiros materiais usados polo home para construír refuxios. O barro apilado a man (cob), en forma de ladrillos (adobe), ou compactado (tapial) é unha forma moi barata e pouco tecnificada de crear paredes e muros, polo que foi amplamente utilizado polas civilizacións antigas así como polas culturas localizadas en contornas desérticas, onde escasea a pedra e a madeira.
Outros usos[editar | editar a fonte]
Un baño de barro, usualmente con ingredientes especiais, úsase por motivos de beleza, saúde ou pracer. Tamén se utiliza para facer artesanías ou obxectos de decoración.
Barro en artesanías[editar | editar a fonte]
O barro tamén pode ser usado como material para realizar artesanías ou outras pezas decorativas.
Zooloxía[editar | editar a fonte]
Algúns animais, como os elefantes, utilizan o barro como protector contra parasitos, insectos e a radiación solar. Ademais, os bulleirais adoitan consituír importantes biótopos en diferentes ecosistemas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lama.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bulleiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lodo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trollo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lama ![]() |