Thomas Kjær Olsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thomas Kjær Olsen
Nacemento24 de abril de 1997
 Sønderborg
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónpiloto de motocrós
editar datos en Wikidata ]

Thomas Kjer Olsen, nado en Sønderborg o 24 de abril de 1997, é un piloto de motocrós danés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2014, Kjer Olsen quedou en sexto lugar no Campionato Europeo de MX250, correndo cunha Honda. En 2015 volveu a ser sexto, esta vez con KTM. Gañou o título en 2016 con Husqvarna.

No 2017 participou no Campionato do Mundo de Motocross na categoría MX2 cunha Husqvarna do equipo de Jacky Martens. Conseguiu a vitoria no Gran Premio de Letonia.[1] No resto de Grandes Premios non alcanzou o podio, pero rematou a tempada en terceiro lugar. Tamén gañou un GP en 2018, como en 2017 o GP de Letonia en Kegums,[2] e terminou terceiro na clasificación final.

Kjær Olsen tamén formou parte do equipo danés no Motocrós de Nacións varias veces, ás veces xunto ao seu irmán maior Stefan.

No Mundial de 2019, gañou o Gran Premio do Reino Unido[3], quedou segundo tras Jorge Prado en Arxentina,[4] Países Baixos,[5] Portugal[6] e Rusia[7] e terceiro en Letonia.[8]

Campionato Mundial de Motocross[editar | editar a fonte]

2017: 3º en categoría MX2
2018: 3º en categoría MX2
2019: participante en categoría MX2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Herlings gana por primera vez en MXGP y Olsen le acompaña en Letonia" (en castelán). 8 de maio de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  2. "Triunfo de Thomas Kjer Olsen en el Gran Premio de MX2 de Letonia" (en castelán). 14 de abril de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  3. "VIDEO - MX2: Olsen no falla y también se adjudica la segunda manga en Gran Bretaña" (en castelán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  4. "Jorge Prado arrasa y sube al podio en Argentina" (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  5. "Prado regresa al mundial con un doblete en Valkenswaard" (en castelán). 1 de abril de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  6. "Un Prado intratable en Portugal recupera el liderato". El Progreso (xornal) (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  7. "O piloto lucense Jorge Prado, imparable no GP de Rusia". 9 de xuño de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  8. "Jorge Prado logra la perfección en Letonia" (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.