John Cage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Cage
John Cage en 1988.
Alcume(s)Cage, Jr., John Milton
Nacemento5 de setembro de 1912 e 5 de outubro de 1912
 Os Ánxeles
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento12 de agosto de 1992 (79 anos)
 Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónZen
Educado enUniversidade de California, Os Ánxeles e Los Angeles High School
NaiCrete Cage
Parella/sXenia Cage
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Arts and Letters Award in Music
Na rede
http://johncage.org/
IMDB: nm0128509 Allocine: 14800 Allmovie: p10154 IBDB: 502372
Spotify: 1Z3fF5lZdCM0ZHugkGoH8s iTunes: 565269 Musicbrainz: 76325a9d-6c25-4649-96b1-84e9b99d6b4b Songkick: 42481 Discogs: 26955 IMSLP: Category:Cage,_John Allmusic: mn0000183867 WikiTree: Cage-167 Find a Grave: 1461 Genius: John-cage Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Cage, nado nos Ánxeles (California) o 5 de setembro de 1912 e finado en Nova York o 12 de agosto 1992, foi un compositor e instrumentista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xunto aos compositores estadounidenses Henry Cowell e Adolph Weiss e revolucionou a música contemporánea dotándoa dunha linguaxe caótica, continuando a traxectoria de Edgar Varèse e Charles Ives. Unha das súas influencias foi o Zen, o cal conduciulle no referente á música a usar silencios interminables, sons desconectados, casuais e atonales cun volume, duración e timbre aleatorios. A pesar do controvertido da súa obra, non se pode negar que se trata dun dos creadores máis revolucionarios e influentes dos últimos tempos.

En ocasións deixaba que o azar elixise as súas composicións. Por exemplo, chegou a usar un método segundo o cal perforábase unha folla de papel nos lugares nos que se atopaba algunha imperfección, para logo mediante un papel transparente ía calcando estas marcas sobre un pentagrama.

Xa na década dos 30 comezou os seus primeiros traballos demostrando talento para ritmos imposibles e invencións como o seu sistema de vinte e cinco tons. Usou distorsións para os seus [instrumentos chegando a declarar: "Creo que o uso de ruídos na composición musical irá en aumento ata que cheguemos a unha música producida mediante instrumentos eléctricos, que porá á disposición da música calquera son e todos os sons que o oído poida percibir. Explóranse os medios fotoeléctricos, o filme e diversas mecanismos para a produción de música". Durante os últimos anos desta década Cage inventou o piano preparado, ao cal inseriulle no encordado unha serie de parafusos, porcas e anacos de goma e madeira que dotaban o instrumento dunha variedade nova de posibilidades sonoras. Seguramente a composición máis innovadora de entre as que compuxo para este piano preparado é unha unha suite que dura 69 minutos chamada Sonatas and Interludes (1946-1948).

Cage usaba o termo "música non-intencional" para algunhas das súas obras. Un exemplo é 4'33" (1952), cuxa partitura específica que o intérprete non executará son algún no seu instrumento durante os 4 minutos e 33 segundos que dura a obra. A primeira interpretación da mesma foi a cargo do pianista David Tudor.

En 1989 foi galardoado co Premio Kyoto (Premio da Fundación Inamori, Kyoto).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]