Comenius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «John Amos Comenius»)
Infotaula de personaComenius

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(cs) Jan Amos Komenský Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1592 Editar o valor em Wikidata
Uherský Brod (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1670 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Ámsterdam (Países Baixos) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNaarden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de escola
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio de Habsburgo Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnity of the Brethren (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg (1613–1614) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPedagoxía, teoloxía, filosofía, filosofía da natureza, ciencia, literatura e religious emigration (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Přerov (pt) Traducir
Fulnek (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , lingüista , presbítero , escritor , teólogo , filósofo , científico , pedagogo , arquiveiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, lingua checa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohanna Gajusová (en) Traducir (1649–1670)
Marie Dorota Cyrillová (en) Traducir (1624–1648)
Magdalena Vizovská (en) Traducir (1618–1622) Editar o valor em Wikidata
FillosAlžběta Komenská (en) Traducir
 ()
Daniel Komenský (en) Traducir
 () Marie Dorota Cyrillová (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPeter Figulus Jablonsky (en) Traducir (xenro)
Daniel Ernst Jablonski (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d40c1a23-ec50-4ff2-8a78-e37e3da28ab5 Discogs: 2091242 WikiTree: Komenský-1 Find a Grave: 11587 Editar o valor em Wikidata

John Amos Comenius (en checo: Jan Amos Komenský; en alemán: Johann Amos Comenius; latinizado como Ioannes Amos Comenius), nado no margraviato de Moravia[1][2] o 28 de marzo de 1592 e finado en Ámsterdam o 15 de novembro de 1670,[3] foi un filósofo, pedagogo e teólogo checo, considerado o pai da educación moderna.[4][5] Serviu como o último bispo dos irmáns checos antes de converterse nun refuxiado relixioso e un dos grandes defensores da educación universal, concepto que puxo en camiño no seu libro Didactica Magna. Como educador e teólogo, liderou escolas e aconsellou gobernantes na Europa protestante de mediados do século XVII.

Comenius introduciu unha serie de conceptos educativos e innovacións que incluían libros de textos ilustrados en linguas nativas distintas do latín, ensinanzas baseadas en desenvolvementos graduais dende o máis simple aos conceptos máis comprensivos, aprendizaxe ao longo da vida con centro no pensamento lóxico por riba da memorización, igualdade de oportunidades para os nenos empobrecidos, educación para as mulleres e instrución práctica e universal. Ademais de na súa Bohemia natal, viviu e traballou noutros países, como Suecia, a Comunidade Polaco-Lituana, Transilvania, Inglaterra, os Países Baixos e Hungría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Amos Comenius naceu en 1592 no Margraviato de Moravia na coroa bohemia.[1][2][6] A súa localidade natal é descoñecida e entre as posibles están Uherský Brod (como indica a súa tumba en Naarden), Nivnice e Komňa, todas situadas no distrito de Uherské Hradiště na República Checa. John era o fillo máis novo de Martin Komenský (finado entre 1602 e 1604) e a súa esposa Anna Chmelová. O seu avó, de nome Jan (János) Szeges, era de orixe maxiar. Comezou a empregar o apelido Komenský tras deixar Komňa para vivir en Uherský Brod.[7] O nome Komenský tradúcese como "o home de Komňa". Martin e Anna Komenský pertencían á irmandade morava, denominación da prerreforma protestante, e Comenius converteuse despois nun dos seus líderes.[8] Os seus pais e dúas das súas catro irmás morreron en 1604 e o mozo John foi vivir coa súa tía a Strážnice.

Manuscrito máis antigo que se conserva de Comenius, datado en 1611; escrito en latín e checo

Debido as súas circunstancias de empobrecemento, non puido comezar a súa educación formal ata máis adiante na súa vida.[8] Tiña 16 anos cando entrou na escola latina de Přerov, á que volveu como profesor en 1614–1618. Continuou os seus estudos na Academia Herborn (1611–1613) e na universidade de Heidelberg (1613–1614). En 1612 leu o manifesto Rosicruciano Fama Fraternitatis. Comenius foi moi influído polo xesuíta irlandés William Bathe ademais de polos seus profesores Johann Piscator, Heinrich Gutberleth e particularmente Heinrich Alsted. A escola Herborn tiña o principio de que toda teoría tiña que ser funcional no uso práctico, ademais de ser didáctica (é dicir, instrutiva moralmente). No transcurso dos seus estudos tamén se relacionou coas reformas educativas de Ratichius e co informe desas reformas creado polas universidades de Jena e Giessen.[8] En 1631, produciu o libro Janua linguarum reserata (A porta das linguas despechada), que o levou a un lugar destacado. Con todo, como a unidade da irmandade se converteu nun obxectivo importante da contrarreforma, foi obrigado a exiliarse a pesar da súa fama crecente en Europa.

Comenius fíxose reitor dunha escola de Přerov.[9] En 1616 foi ordenado como ministro da irmandade morava e catro anos despois converteuse en pastor e reitor de Fulnek, unha das súas igrexas máis florecentes. Durante a súa vida, a actividade pastoral foi a súa dedicación máis inmediata. Como consecuencia das guerras de relixión, perdeu todas as súas propiedades e os seus escritos en 1621; seis anos máis tarde liderou a irmandade no exilio cando a contrarreforma dos Habsburgo perseguiu os protestantes de Bohemia.[8][10]

Comenius refuxiouse en Leszno en Polonia, onde dirixiu o gymnasium e recibiu cargos nas igrexas bohemias e moravas. En 1628 mantivo correspondencia con Johann Valentin Andreae. En 1638 Comenius respondeu a unha petición do goberno sueco e viaxou aló para deseñar un esquema de organización das escolas do país,[9][10] e en 1641, a pedimento do parlamento inglés, uniuse a unha comisión encargada da reforma do sistema de educación pública. A guerra civil inglesa interferiu co proxecto posterior,[8][9] e así en 1642 volveu a Suecia a traballar coa raíña Cristina e o chanceler Axel Oxenstierna na tarefa de reorganizar as escolas suecas. O mesmo ano marchou a Elbląg (Elbing) en Polonia, e en 1648 foi a Inglaterra axudado Samuel Hartlib, orixinario de Elbląg. En 1650 Zsuzsanna Lorántffy, viúva de Xurxo I Rákóczi, príncipe de Transilvania, invitouno a Sárospatak. Comenius permaneceu alí ata 1654 como profesor na primeira universidade protestante húngara; algunhas das súas obras máis importantes foron escritas alí.

Retrato dun home vello, de Rembrandt, posiblemente unha imaxe de Comenius

Comenius volveu a Leszno. Durante O Diluvio de 1655, declarou o seu apoio aos protestantes suecos, polo que os partisanos católicos polacos queimaron a súa casa, os seus manuscritos e a imprenta da escola en 1656. Dende Leszno refuxiouse en Ámsterdam, onde faleceu en 1670. Por motivos poucos claros foi enterrado en Naarden, onde se pode ver a súa tumba no mausoleo dedicado a el.

Despois das súas obrigas relixiosas, o segundo grande interese de Comenius foi o intento do método de Bacon para a organización de todo o coñecemento humano. Converteuse nun dos líderes do movemento pansófico ou enciclopédico do século XVII, e, de feito, inclinouse a sacrificar os seus intereses educativos máis prácticos noutros máis grandiosos pero tamén máis visionarios. En 1639, Comenius publicou Pansophiæ Prodromus, e nos seguintes anos o seu amigo inglés Hartlib editou sen o seu consentimento o plan da obra pansófica establecida por Comenius. O manuscrito de Pansophia foi destruído no incendio da súa casa en Leszno en 1657. As ideas pansóficas atoparon expresión parcial nas series de libros de textos que produciu de tempo en tempo. Nestes, intentou organizar o campo completo do coñecemento humano para levalo á comprensión de todos os nenos.[8]

Segundo Cotton Mather, Winthrop pediu a Comenius que fose o presidente da Universidade Harvard, sendo máis plausible que fose John Winthrop o Novo que o seu pai, xa que aquel estaba en Inglaterra; en vez diso, Comenius marchou a Suecia.[11][12] Comenius tamén tentou deseñar unha linguaxe en que non se puidesen expresar afirmacións falsas.[13]

Comenius produciu unha nova edición dos himnos da irmandade bohemia de 1618, Kancionál, to jest kniha žalmů a písní duchovních (Ámsterdam, 1659), que contén 606 textos e 406 melodías. Ademais de revisar salmos e himnos, tamén expandiu o número destes últimos e engadiu unha nova introdución. Esta edición foi reeditada varias veces ata o século dezanove. Os seus textos en checo eran composicións cunha poética notable, mais empregou melodías doutras fontes. Tamén editou o himno alemán Kirchen-, Haus- und Hertzens-Musica (Ámsterdam, 1661), que foi publicado baixo o título Kirchengesänge dende 1566. Noutros escritos, Comenius dirixiu música instrumental e vocal en moitos lugares, aínda que non dedicou tratado ningún ao tema. Ás veces segue o concepto matemático medieval da música, mais noutros lugares ligou a música coa gramática, a retórica e a política. A práctica musical, instrumental e vocal, desempeñou un importante papel no seu sistema educativo.[14]

Influencia educativa[editar | editar a fonte]

Clase latina de Orbis Pictus

A influencia máis permanente que exerceu Comenius foi no traballo educativo práctico. Poucas persoas dende a súa época tivo unha maior influencia, aínda que durante a maior parte do século XVIII e principios do XIX, houbo pouco recoñecemento da súa relación cos avances contemporáneos da educación teórica e práctica. A influencia educativa de Comenius foi tripla. Foi primeiro profesor e organizador de escolas, non só entre o seu propio pobo, senón despois en Suecia, e en parte en Holanda. Na súa Didactica Magna (Gran didáctica), desenvolveu un sistema de escolas que é homólogo ao sistema estadounidense de xardín de infancia, escola primaria, escola secundaria, college e universidade.[8]

En segundo lugar, a influencia de Comenius chegou coa formulación da teoría xeral da educación. A este respecto, adiantouse a Rousseau, Pestalozzi, Fröbel etc., e foi o primeiro en afirmar a idea de "educación segundo a natureza" tan influente durante a última parte do século XVIII e principios do XIX. A influencia de Comenius na educación teórica é comparable á dos seus contemporáneos Bacon e Descartes na ciencia e na filosofía. De feito, foi moi influenciado polo pensamento de ambos e esta influencia é notable debido ao feito de que primeiro aplicou ou intentou aplicar de forma sistemática os principios do pensamento e da investigación, formulada por estes filósofos, á organización da educación en todos os aspectos. O resumo dos seus intentos aparece na Didactica Magna, completada arredor de 1631, aínda que non publicada ata varios anos despois.[8]

O terceiro aspecto da súa influencia educativo foi nos métodos de ensinanza, a través dunha serie de libros de texto dunha natureza totalmente nova. O primeiro que publicou foi Janua Linguarum Reserata (A porta das linguas despechada), editado en 1631. A este seguiuno un texto máis elemental, Vestibulum, e outro máis avanzado, Atrium, entre outros. En 1658 publicouse Orbis Pictus, probablemente o máis recoñecido e o que máis circulou. Foi tamén a primeira aplicación con éxito de ilustracións para o traballo de ensinar, aínda que non foi o primeiro libro ilustrado para nenos.[8]

Relief of Komensky in Dolany, Czech Republic

Estes textos estaban baseados todos nas mesmas ideas fundamentais:

  • Aprendizaxe de linguas estranxeiras a través das vernáculas.
  • Obter ideas a través de obxectos máis que de palabras.
  • Comezar cos obxectos máis familiares aos nenos para presentarlles a nova linguaxe e o mundo máis remoto dos obxectos.
  • Dar aos nenos un coñecemento comprensivo do seu ambiente físico e social, así como instrución de materias relixiosas, morais e clásicas.
  • Facer esta adquisición dun compendio de coñecemento un pracer en lugar dunha tarefa.
  • Facer a instrución universal.

A importancia da influencia de Comenius na educación foi recoñecida dende mediados do século XIX. Os seus escritos educativos comprenden máis de corenta títulos.

Teoloxía[editar | editar a fonte]

Labirinto do mundo e paraíso do corazón, de Comenius.

John Amos Comenius foi bispo da igrexa da Unidade dos Irmáns, que ten as súas raíces nas ensinanzas do reformador checo Jan Hus. Unha das súas obras teolóxicas máis famosas é Labirinto do mundo e paraíso do corazón. O libro representa o seu pensamento sobre que o mundo está cheo de varias cousas sen utilidade e complexos labirintos. A verdadeira paz de mente e alma só pode atoparse no corazón dun, onde Cristo o salvador debería morar e gobernar. Esta ensinanza tamén se repite nun dos seus últimos traballos, Unum Necessarium (“Só un é necesario”), onde amosa varios labirintos e problemas do mundo e achega solucións simples a varias situacións. No libro tamén admite que a súa antiga crenza en profecías e revelacións deses días[10] era o seu labirinto persoal onde se perdeu moitas veces.

Tivo unha grande influencia de Boehme. En Synopsis physicae ad lumen divinum reformatae, Comenius da unha teoría física propia, que se di tomada no libro da Xénese. Foi tamén célebre polas súas profecías e o apoio que deu aos visionarios. En Lux in tenebris publicou as visións de Christopher Kotterus, Mikuláš Drabík (lat. Nicolaus Drabicius) e Christina Poniatowska. Intentando interpretar o libro da Apocalipse, prometeu a súa chegada en 1672, e garantiu unha asistencia milagreira a aqueles que participasen na destrución do papado e da casa de Austria, mesmo aventurándose a profetizar que Oliver Cromwell, Gustavo Adolfo e Xurxo I Rákóczi, príncipe de Transilvania, realizarían a tarefa. Tamén escribiu a Lois XIV de Francia, informándoo de que o imperio do mundo sería a súa recompensa se se lanzase contra os inimigos de deus.[9]

Familia[editar | editar a fonte]

Unha das súas fillas, Elisabeth, casou con Peter Figulus de Jablonné nad Orlicí. O seu fillo, Daniel Ernst Jablonski (1660–1741), marchou máis tarde a Berlín en 1693; alí converteuse no pastor oficial de maior grao na corte do rei Federico I de Prusia. Alí coñeceu o conde Nicolaus Ludwig Zinzendorf (1700–1760). Zinzendorf foi un dos máis destacados sucesores como bispo (1737–1760) na igrexa da Irmandade de Moravia.

Legado[editar | editar a fonte]

A medalla Comenius é outorgada pola UNESCO para honrar logros destacados no campo da investigación e a innovación educativa. Peter Drucker considera a Comenius o inventor dos libros de texto.[15]

República Checa[editar | editar a fonte]

Billete de coroa checa coa imaxe de Comenius

Durante o século XIX, o renacemento nacional checo idealizou a Comenius como símbolo da nación checa. Esta imaxe mantense na actualidade.

A República Checa celebra o 28 de marzo, aniversario de Comenius, o día do docente. A universidade Jan Amos Komenský foi fundada en Praga en 2001.[16] Comenius aparece no billete de 200 coroas.

O asteroide 1861 Komenský, descuberto por Luboš Kohoutek, recibe ese nome na súa honra.[17]

Resto de Europa[editar | editar a fonte]

Retrato de Comenius polo pintor eslovaco Miloslav Lehotský

En Sárospatak, Hungría, unha escola de profesores pertencente á universidade de Miskolc recibe o seu nome. Tamén se lle deu o nome de Comenius a escolas primarias de varias cidades alemás, incluídas Bonn, Grafing e Deggendorf. En Skopje, o goberno checoslovaco construíu unha escola tralo terremoto de 1963 e nomeouna na súa honra. En Polonia existe a organización non gobernamental Comenius Foundation dedicada á ofrecer igualdade de oportunidades a nenos de menos de dez anos. En 1919 fundouse a universidade Comenius mediante unha acta do parlamento en Bratislava, que foi a primeira universidade con clases en eslovaco.

O director de cinema Roberto Rossellini tomou a Comenius, e especialmente a súa teoría da "visión directa", como modelo no desenvolvemento das súas teorías didácticas, que esperaba que levasen o mundo a un futuro utópico.[18]

Comenius é un programa de intercambio entre escolas da Unión Europea.[19][20]

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

En 1892 construíuse Comenius Hall, principal edificio de aulas e edificios da facultade co campus do Moravian College de Pensilvania. En 1892 educadores de moitos lugares celebraron o tricentenario de Comenius, e nese momento creouse a Sociedade Comeniana para o estudo e publicación das súas obras.[21] O departamento de educación do Salem College en Carolina do Norte ten un Comenius Symposium anual na súa honra.

Obras[editar | editar a fonte]

Colección de didácticas, 1657
Edición en inglés de Janua linguarum reserata, 1631
Orbis Pictus, libro de texto para nenos, 1658

Latín[editar | editar a fonte]

  • Linguae Bohemicae thesaurus, hoc est lexicon plenissimum, grammatica accurata, idiotismorum elegantiae et emphases adagiaque ("Tesouro da lingua checa"), 1612–1656
  • Problemata miscellanea ("Problemas diversos"), 1612, inexistente, consumido polo lume mentres estaba a ser preparado para imprimirse.
  • Sylloge quaestionum controversarum, 1613
  • Grammaticae facilioris praecepta, 1614–1616
  • Theatrum universitatis rerum, 1616–1627
  • Centrum securitatis ("O centro da seguranza"), 1625
  • Moraviae nova et post omnes priores accuratissima delineatio autore J. A. Comenio ("Mapa de Moravia"), 1618–1627
  • Janua linguarum reserata, 1631
  • Didactica magna ("A gran didáctica"), 1633–1638
  • Via Lucis, Vestigata & Vestiganda ("O camiño da luz"), 1641
  • Januae Lingvarum Reseratae Aureae Vestibulum quo primus ad Latinam aditus Tyrunculis paratur ("Introdución á lingua latina"), 1648[22]
  • Schola pansophica ("Escola de pansofía"), 1650–1651
  • Primitiae laborum scholasticorum, 1650–1651
  • Opera didactica omnia ("Escribindo sobre toda a aprendizaxe"), 1657
  • Orbis Pictus ("O mundo visible en imaxes"), 1658[23]
  • De bono unitatis et ordinis ("Sobre a boa unidade e a orde"), 1660
  • De rerum humanarum emendatione consultatio catholica ("Consulta xeral sobre unha mellora de todas as cousas humanas"), 1666
  • Unum necessarium ("The One Thing Needful"), 1668
  • Spicilegium Didacticum, 1680

Checo[editar | editar a fonte]

  • O andělích ("Sobre os anxos"), 1615
  • Retuňk proti Antikristu a svodům jeho ("Declaración contra o anticristo e as súas tentacións"), 1617
  • O starožitnostech Moravy ("Sobre as antigüidades moravas"), 1618–1621
  • Spis o rodu Žerotínů (escrito sobre a Casa de Žerotín), 1618–1621
  • Listové do nebe ("Cartas ao ceo"), 1619
  • Manuálník aneb jádro celé biblí svaté ("Manual ou núcleo da santa Biblia completa"), 1620–1623
  • Přemyšlování o dokonalosti kŕesťanské ("Pensando na perfección cristiá"), 1622
  • Nedobytedlný hrad jméno Hospodinovo ("Fortaleza inconquistable (é) o nome de deus"), 1622
  • Truchlivý, díl první ("O apesarado", volume I), 1623
  • O poezí české ("Sobre a poesía checa"), 1623–1626
  • Truchlivý, díl druhý ("O apesarado", volume II), 1624
  • O sirobě ("Sobre a xente pobre"), 1624
  • Pres boží ("Imprenta de deus"), 1624
  • Vidění a zjevení Kryštofa Kottera, souseda a jircháře sprotavského ("Visión e revelación de Kryštof Kotter, veciño meu e curtidor de Sprotava"), 1625
  • Překlad některých žalmů ("Tradución dalgúns salmos"), 1626
  • Didaktika česká ("Didáctica checa"), 1628–1630
  • Škola hrou (Schola Ludus, Escola con xogo) 1630
  • Labyrint světa a ráj srdce ("Labirinto do mundo e paraíso do corazón") 1631
  • Brána jazyků otevřená (A porta da lingua despechada) 1633
  • Orbis Pictus, 1685

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Clamores Eliae" he dedicated "To my lovely mother, Moravia, one of her faithful son...". Clamores Eliae, p.69, Kastellaun/Hunsrück : A. Henn, 1977.
  2. 2,0 2,1 "Moravian by nation, language Bohemian, profession theologian, servant of Gospel from the year of grace 1616." It is his own identifiacion in "Opera omnia didactica" 1657, http://www.uni-mannheim.de/mateo/camenaref/comenius/comenius1/p3/jpg/s468.html Arquivado 12 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.
  3. Daniel Murphy, Comenius: A Critical Reassessment of his Life and Works (1995), p. 8 and p. 43.
  4. "John Amos Comenius." Encyclopedia of World Biography, 2nd ed. 17 Vols. Gale Research, 1998. Reproducido en Biography Resource Center. Consultado o 2 de xaneiro de 2010.
  5. Ivan Illich, Deschooling Society, 1972
  6. "Unum necessarium" Komensky subscribed as "J.A. Comenius Moravus" "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2011. Consultado o 2012-07-15.  (tradución ao checo)
  7. Vyskočil, František: JAN AMOS KOMENSKÝ. Kapitoly o jeho předcich, rodičích, přibuzných a místě narození. Brno 1990. p. 66
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 Johann Amos Comenius en The New International Encyclopædia (1905)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3
  10. 10,0 10,1 10,2 Johann Amos Comenius en The Encyclopedia Americana (1920)
  11. Johann Amos Comenius, Charles William Bardeen e Charles Hoole, The orbis pictus of John Amos Comenius. ISBN 1-4372-9752-8, páxina ii, citando Cotton Mather, Magnalia, vol. II, p. 14.
  12. Daniel Murphy, Comenius: A Critical Reassessment of his Life and Works (1995), p. 27.
  13. Hofstadter, Douglas (1979). Gödel, Escher, Bach. p. 635. ISBN 978-0-14-028920-6. 
  14. Jan Kouba. "Komenský, Jan Amos". In Deane L. Root. Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press
  15. Drucker, Peter Ferdinand (2003) [1989]. The new realities (revised ed.). Transaction Publishers. pp. 230–231. ISBN 978-0-7658-0533-1. Consultado o 2010-04-08. [...] a Czech, John Amos Comenius – the first person to advocate universal literacy – invented the textbook and the primer. 
  16. Universidade Comenius
  17. "(1861) Komenský". (1861) Komenský. In: Dictionary of Minor Planet Names. Springer. 2003. p. 149. ISBN 978-3-540-29925-7. doi:10.1007/978-3-540-29925-7_1862. 
  18. Rossellini, Roberto. Utopia autopsia 1010. Rome: Armando, 1974. 195-6.
  19. Lachman, G., Politics and the Occult: The Left, the Right, and the Radically Unseen (Wheaton, IL: Theosophical Society in America, 2008) p. 19.
  20. Needham, J., ed., The Teacher of Nations (Cambridge: Cambridge University Press, 2015).
  21. New International Encyclopedia
  22. Edición multilingüe de 1648
  23. Edición trilingüe (latín, alemán e húngaro) de 1669

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Keatinge, The Great Didactic of Comenius (Londres, 1896)
  • Kučera, Karel. 2014. Jan Ámos Komenský. A man in search of peace, wisdom, and proverbs. Proceedings of the Seventh Interdisciplinary Colloquium on Proverbs, November 2013, at Tavira, Portugal, ed. by Rui J. B. Soares and Outi Lauhakangas, pp. 64–73. Tavira: Tipografia Tavirense.
  • Simon Somerville Laurie, John Amos Comenius (1881; 6.ª edición, 1898)
  • Robert Hebert Quick, Essays on Educational Reformers (Londres, 1890)
  • Müller, Ein Systematiker in der Pädagogik : eine philosophisch-historische Untersuchung : Inaugural-Dissertation zur Erlangung der Doctorwürde an der philophischen Fäcultat der Universität Jena (Dresden, Bleyl e Kaemmerer, 1887)
  • Löscher, Comenius, der Pädagoge und Bischof (Leipzig, 1889)
  • Monroe, Will S. Comenius and the Beginning of Educational Reform (Nova York, 1900) Web access
  • John Amos Comenius and his Works (Praga, 1945)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]