Saltar ao contido

Jan Hus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Hus

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1371 Editar o valor en Wikidata
Husinec (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1415 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Constanza (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, morte na fogueira Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRío Rin Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJan de Hussenitz
ResidenciaBirth house of Jan Hus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo e Igrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Carolina de Praga - grao en Artes (–1393) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, sistema educativo, Reforma Protestante, literatura, lingüística e estudos tchecos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor, lingüista, mestre, predicador, presbítero, pastor, escritor, filósofo, teólogo, profesor universitario, bohemicist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Carolina de Praga Editar o valor en Wikidata
ProfesoresStanislaus von Znaim (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa6 de xullo Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de novembro de 1414Concílio de Constança (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porHerexía Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1411excomuñón Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Vlastenský slovník historický
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1280554 IMSLP: Category:Hus,_Jan WikiTree: Hus-117 Find a Grave: 20232 Editar o valor en Wikidata

Jan Hus, tamén coñecido como Jan de Hussenitz, nado en Hussenitz (Bohemia do Sur) en 1370 e morto en Constanza (Alemaña) o 6 de xullo de 1415, foi un teólogo, filósofo, reformador e predicador bohemio, que se desempeñou como mestre na Universidade Carolina de Praga. Os seus seguidores coñécense como Husitas.

Fillo dun campesiño pobre que morreu de xeito temperán, foi criado con moitísimo esforzo pola súa nai. A súa piedade e fervor relixioso manifestáronse nel dende a súa nenez, pois participou como monaguillo e cantou no coro da igrexa. As lecturas piadosas apaixoábanlle. Certa noite que lía a vida de San Lourenzo preto da cheminea, achegou a súa man ao lume para probar ata onde sería capaz de soportar os tormentos que Lourenzo sufrira.

Déuselle a mellor educación que permitían as súas circunstancias; e tendo adquirido un bo coñecemento dos clásicos nunha escola privada na provincia de Bohemia onde adquiriu o título de Bacharel en Divindade en 1398, admitírono na Universidade de Praga por caridade, onde axiña deu probas da súa capacidade intelectual, e onde se destacou pola súa dilixencia e aplicación ao estudo.

Martirio de Jan Hus.

Hus foi ordenado sacerdote en 1400 e nomeado predicador, primeiro na Igrexa de San Miguel e logo na Capela de Belén en 1402, onde se predicaba exclusivamente en checo. Alí fustrigaba a relaxación moral do clero. Participou no movemento político-social xurdido da escola de predicadores de Milia de Kromeriz, que defendían un retorno ao cristianismo primitivo e oposición á xerarquía. En 1401 obtivo o cargo de Decano da Facultade de Arte e Filosofía, e para 1409 foi nomeado reitor da Universidade de Praga.

Hus impulsou desde 1408 un movemento cristián baseado nas ideas de John Wycliff. Os seus seguidores foron chamados Husitas e multiplicáronse en momentos nos que a Igrexa católica sufría a crise do chamado Cisma de Occidente, cando exercían dous papas, aos que en 1409 agregouse un terceiro, Alexandre V, que condenou o movemento husita e excomungou a Jan Hus. Convocado o Concilio de Constanza co fin de reunificar á Igrexa católica, Hus acudiu a defender os seus puntos de vista, pero foi condenado alí a morrer na fogueira e o 6 de xullo de 1415 foi queimado vivo.

Antes de ser queimado, Hus dixo as seguintes palabras ao verdugo: "Vas asar un ganso (hus significa ganso en lingua bohemia), pero dentro dun século atoparaste cun cisne que non poderás asar." Adóitase identificar a Martiño Lutero con esta profecía (102 anos despois cravou as súas 95 teses en Wittenberg), e comunmente adoitaselle identificar cun cisne.

Monumento a Jan Hus na praza da Cidade Vella, Praga.

Hus foi un precursor do protestantismo. Os seus escritos gañáronlle un lugar importante na literatura checa. Jan Hus estudou na escola de latín en Praga e grazas a isto introduciu os símbolos diacríticos na escritura da lingua checa, especialmente o "háček" co que cada son podía ser escrito mediante un único símbolo e se simplificaba a escritura.

A Jan Hus dedicóuselle un conxunto escultórico na Praza da Cidade Vella (Staroměstské náměstí) de Praga.

"[...] Hus é unha figura memorable por moitas razóns, pero sobre todo a súa valentía moral ante as adversidades e a morte... Sento o deber de expresar a miña profunda pena pola cruel morte inflixida a Jan Hus e pola consiguiente ferida, fonte de conflitos e divisións, que se abriu dese xeito na mente e no corazón do pobo bohemio".[1]

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Xoán Paulo II (17 de decembro de 1999). Vatican.va, ed. "Address of the Holy Father to an international symposium on John Hus" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2014. Hus is a memorable figure for many reasons. But it is particularly his moral courage in the face of adversity and death [...] I feel the need to express deep regret for the cruel death inflicted on John Hus, and for the consequent wound of conflict and division which was thus imposed on the minds and hearts of the Bohemian people. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]