Cristina de Suecia
Cristina de Suecia | |
---|---|
![]() | |
Raíña de Suecia | |
Período | 6 de novembro de 1632 - 6 de xuño de 1654 |
Antecesor | Gustavo II Adolfo |
Sucesor | Carlos X Gustavo |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de decembro de 1626 e 7 de decembro de 1626 |
Estocolmo | |
Falecemento | 19 de abril de 1689 e 9 de abril de 1689 |
Roma | |
Pai | Gustavo II Adolfo de Suecia |
Nai | Maria Leonor de Brandemburgo |
Relixión | Igrexa católica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cristina, nada en Estocolmo o 18 de decembro de 1626 e finada en Roma o 19 de abril de 1689 foi a raíña de Suecia dende 1632 ata a súa abdicación en 1654. Era a única filla do rei Gustavo II Adolfo e a súa esposa Maria Leonor de Brandemburgo. Ascendeu ao trono sueco con só seis anos de idade trala morte do seu pai na batalla de Lützen.[1][2][3]
Sendo a filla dun defensor do protestantismo na guerra dos Trinta Anos, Cristina causou escándalo ao abdicar en 1654 e converterse ao catolicismo. Pasou os seus últimos anos en Roma, volvéndose a líder da vida musical e teatral local. Como raíña sen país, protexeu moitos artistas e proxectos. Cristina morreu en 1689 e é unha das poucas mulleres enterradas no Vaticano.[3]
Cristina tiña mal humor, era intelixente e estaba interesada en libros e manuscritos, relixión, alquimia e ciencia. Quería que Estocolmo se transformase na "Atenas do Norte". Influída pola Contrarreforma, sentiuse cada vez máis atraída pola cultura barroca e mediterránea que se desenvolveu lonxe do seu país. O seu estilo de vida pouco común e o vestiario e comportamento masculino inspiraron novelas, obras teatrais, óperas e filmes.[3][4]
Rei de Suecia | ||
---|---|---|
Segue a: Gustavo II Adolfo |
Cristina de Suecia | Precede a: Carlos X Gustavo |
Vasa |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Miranda, Ulrika Junker; Hallberg, Anne (2007). "Kristina". Bonniers uppslagsbok (en sueco). Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. p. 526. ISBN 91-0-011462-6.
- ↑ Rodén, Marie-Louise. "Drottning Kristina – visionär i nytt ljus". Populär historia, 2007 (en sueco). Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Weibull, Curt. "Kristina". Svenskt biografiskt lexikon (Riksarkivet) (en sueco). Consultado o 3 de abril de 2017.
- ↑ "Kristina – fostrad till kung". Populär historia (en sueco). 2017. Consultado o 3 de abril de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina de Suecia ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Suecia |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Project presentation Queen Christina of Sweden, the European
- Encyclopædia Britannica
- "Queen Christina of Sweden". About: Women's History. Consultado o 20-1-2007.
- Coins of Sweden by David Ruckser
- Queen Christina of Sweden Windweaver