Johann Joachim Winckelmann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1717 Stendal, Alemaña |
Morte | 8 de xuño de 1768 (50 anos) Trieste, Italia |
Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca |
Lugar de sepultura | Catedral de Trieste (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Jena - medicina (1741–1742) Universidade de Halle-Wittenberg (pt) - teoloxía (1738–1740) Köllnisches Gymnasium (en) (1736–) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia da arte, estética, estudo da historia da arte e arqueoloxía |
Ocupación | historiador da arte, historiador, escritor, arqueólogo, bibliotecario, in-home tutor (en) |
Período de actividade | 1732 - 1768 |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Винкельман Иоганн Иоахим) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Johann Joachim Winckelmann (1717 - 1768) pode ser considerado como o fundador da Historia da Arte e un dos fundadores da arqueoloxía como disciplinas científicas modernas.
Nado en Stendal no leste de Alemaña, nunha familia humilde (o seu pai era zapateiro), converteríase nun experto mundial na arquitectura da Antigüidade e no principal teorizador do movemento neoclásico. Mais os comezos da súa carreira foron de feito modestos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou varios anos como preceptor de fillos de familias nobres. Posteriormente en 1748, conseguiu facerse empregar como bibliotecario dun conde alemán. Grazas a este, abríronselle as portas á contemplación da fabulosa colección de arte do duque de Saxonia.
Publica entón en 1755 a súa obra Reflexións sobre a imitación das obras gregas na pintura e na escultura que terá atención internacional. Mais non tiña outra paixón que viaxar a Roma para estudar as obras artísticas da Antigüidade in situ. Converteuse ao catolicismo, tendo éxito ao atinxir ser convidado a traballar sobre a colección de obras antigas da corte pontificia. Nos anos seguintes publicou numerosas obras que marcan as teorías estéticas da época. Adversario encarnizado do Barroco e do Rococó, estaba convencido de que a « beleza ideal » constitúe unha realidade obxectiva que pode se descuberta a través do contacto frecuente coas grandes obras da Antigüidade, especialmente as gregas. O seu coñecemento íntimo e prodixioso de tales obras, adquirido principalmente mentres traballaba no Vaticano e cando as escavacións de Pompeia, foi posto ao servizo do que coidaba a súa misión: formar o gusto da elite intelectual occidental. A fórmula que acuña para caracterizar a esencia da arte grega: "calma serena e grandeza tranquila", vai inspirar xeracións de artistas e arquitectos posteriores, como Benjamin West e Jacques-Louis David. A súa obra principal foi a Historia da Arte da Antigüidade (1764).
Baseándose nos traballos do Conde de Caylus, do que recoñeceu unha importante influencia, contribuíu a facer da Arqueoloxía unha ciencia antes que un pasatempo de rico coleccionista.
Mentres facía unha parada en Trieste, despois dunha última estancia en Italia, o 8 de xuño de 1768, Winckelmann foi asasinado, na cama da pousada, por un veciño do cuarto, (Francesco Arcangeli), a quen lle mostrara medallas antigas que a Emperatriz María-Teresa lle doara. Foi sepultado na catedral de Trieste.
Obras
[editar | editar a fonte]- Gedanken über die Nachahmung der griechischen Werke in der Malerei und Bildhauerkunst ("Reflexións sobre a imitación das obras gregas na pintura e na escultura)(1ª edición de só 50 exemplares en 1755, 2ª edic. 1756).
- Description des pierres gravées du feu Baron de Stosch (Descrición das pedras gravadas do defunto Barón de Stosch) (1760).
- Anmerkungen über die Baukunst der Alten ("Observacións sobre a Arquitectura dos antigos"), incluíndo un informe sobre os templos Paestum, Sicilia, (1762).
- Sendschreiben von den Herculanischen Entdeckungen (Epístolas sobre os descubrimentos de Herculano) (1762).
- Nachrichten von den neuesten Herculanischen Entdeckungen (Noticias sobre os últimos descubrimentos de Herculano) (1764)
- Geschichte der Kunst des Alterthums ("Historia da Arte da Antigüidade") (1764)
- Versuch einer Allegorie (Ensaio sobre dunha alegoría)(1766)
- Monumenti antichi inediti (Monumentos antigos inéditos)(1767-1768), presenta un esquema xeral da historia da arte.
- Postumamente publicáranse - Briefe an Bianconi(Cartas a Bianconi), saídas 11 anos despois da súa morte, dentro da Antologia romana.