Saltar ao contido

Critón (Platón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Critón
 Título
    Κρίτων (grc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Representa a
 Personaxes
 Edicións
(1981) Apologio de Sokrato. Kritono (en) Traducir en esperanto traducido por Albert Goodheir
(1965) Q63981044 Traducir en lingua rusa traducido por Mikhail Soloviov (pt) Traducir
(1964) K'á s'õtọ k'á ku (en) Traducir en Lingua ioruba traducido por Olanipekun Esan
(1947) Criton ou Du Devoir (en) Traducir en lingua francesa traducido por Émile Chambry (pt) Traducir
(1937) Crito (en) Traducir en lingua persa traducido por Mohammad Ali Foroughi (pt) Traducir
(1925) Critone (en) Traducir en lingua italiana traducido por Francesco Acri (pt) Traducir
(1924) Critó (en) Traducir en lingua catalá traducido por Joan Crexells i Vallhonrat (pt) Traducir
(1910) Kryton (en) Traducir en lingua polaca traducido por Stanisław Siedlecki (en) Traducir
(1903) Κρίτων en lingua grega antiga
(1884) Kryton (en) Traducir en lingua polaca traducido por anónimo
(1883) Q133279120 Traducir en lingua bokmål traducido por Olaf Peder Monrad (pt) Traducir
(1871) Q112064733 Traducir en lingua castelá
(1863) Q28113353 Traducir en lingua rusa traducido por Vasily Karpov (en) Traducir
(1860) Q66646734 Traducir en lingua polaca traducido por Antoni Bronikowski (en) Traducir
(1846) Criton (en) Traducir en lingua francesa traducido por Victor Cousin
(1845) Q63408555 Traducir en lingua polaca traducido por Felicjan Kozłowski
(1816) Crito en lingua grega antiga, lingua latina traducido por Marsilio Ficino
(século XV) Crito (en) Traducir en latín humanista traducido por Leonardo Bruni
Crito en latín humanista traducido por Rinuccio d'Arezzo Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Período
 Data de publicación
século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 Publicado en
Fontes e ligazóns
VIAF312361214 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL51934W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/032d12 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX3003316
Wikidata C:Commons

Critón (Kpíτων) é un pequeno diálogo escrito entre o ano 390 e o 385 a.C. polo filósofo grego Platón. Pertence aos escritos chamados “socráticos”, “eléncticos” ou “aporéticos”, que fan referencia a algunhas das características principais que os definen como grupo: “socráticos”, porque reflectirían máis fielmente o pensamento do mestre; “eléncticos”, pola súa estrutura como refutación dun adversario a través dun áxil interrogatorio; e “aporéticos”, por acabar todos nunha calella cega, nun razoamento cunha única solución. Temáticamente, Critón atópase moi próximo á Apoloxía, non obstante, non se pode deducir por iso que a súa redacción sexa case simultánea.

Esta obra trata dunha conversación entre Sócrates e o seu amigo rico Critón en relación á xustiza, á inxustiza e á resposta apropiada para a inxustiza. Sócrates considera que a propia inxustiza non é a resposta para acabar coa inxustiza e rexeita a oferta de Critón de financiar a súa fuxida do cárcere. Este diálogo contén unha antiga declaración sobre a teoría do contrato social do goberno.

Sócrates acaba de ser condenado a morte. Critón visítao na súa prisión e ínstao a que fuxa (a cidade consentiría conmutar así a pena de morte polo desterro). Con todo, Sócrates mantense insensible a estas recomendacións. Recriminando a Critón por compartir a opinión da multitude, esfórzase en mostrarlle que el non podería escapar á sentenza pronunciada pola cidade sen aldraxar a xustiza. Aquí ten lugar a célebre Personificación das leis: Sócrates fai pronunciar ás propias leis os reproches que con pleno fundamento dirixirían contra el se intentase subtraerse á súa xurisdición. Por fidelidade a elas decidirá permanecer no cárcere, por patriotismo rexeitará desertar de Atenas; mais esta fidelidade e este patriotismo son, en primeiro lugar, cívicos, e por enriba de todo, filosóficos. O que Sócrates ten en mente non é tanto a Atenas empírica como a idea mesma de lexislación, o principio da cidadanía.

Idea filosófica

[editar | editar a fonte]

Pódese considerar que Critón emprega unha serie de elementos claramente interrelacionados que dan forma a un dobre enunciado filosófico-político de fondo: por unha parte, a coherencia do exercicio da virtude ao longo da vida, que non se pode contradicir nin sequera se supón a morte; e por outra parte, e inmerso dentro dos acontecementos políticos e sociais do momento, o ideal político e ético de que o xusto é obedecer as leis da cidade, aínda que estas á súa vez non sexan xustas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Huisman, Denis (2002). Tecnos, ed. Diccionario de las mil obras clave del pensamiento. Madrid. pp. 279–281. ISBN 84-309-2978-9. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]