Isabel Díaz Ayuso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Díaz Ayuso

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Isabel Natividad Díaz Ayuso Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada na Asemblea de Madrid
Representa: Partido Popular

8 de xuño de 2021 –

Presidente da Comunidade de Madrid
19 de agosto de 2019 –
← Pedro Rollán Ojeda
Deputada na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2019 –

Q66453004 Traducir
26 de setembro de 2017 – 22 de maio de 2018
← Enrique Ruiz Escudero (en) TraducirBlanca Pinedo (en) Traducir, José Enrique Núñez Guijarro (en) Traducir →
Deputada na Asemblea de Madrid
9 de xuño de 2015 – 27 de setembro de 2017 – Belén Rodríguez Palomino →

Deputada na Asemblea de Madrid
15 de xullo de 2011 – 31 de marzo de 2015
← Engracia Hidalgo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , conselleira de comunicación Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2005–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020quinto aniversario de El Español Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsTomás Díaz Ayuso Editar o valor em Wikidata

Facebook: idiazayuso Twitter: idiazayuso Instagram: isabeldiazayuso Youtube: UCEftnGKkmw6lmPej80ZfUCw Dialnet: 5379076 Editar o valor em Wikidata

Isabel Díaz Ayuso, nada en Madrid o 17 de outubro de 1978, é unha política española do Partido Popular, presidenta da Comunidade de Madrid dende agosto de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada o 17 de outubro de 1978 en Madrid no seo dunha familia residente no distrito de Chamberí, os seus pais dedicábanse ao comercio de artigos médicos.[1] Licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (UCM),[2] fixo un mestrado en comunicación política e protocolo.[2] Afiliada ao Partido Popular (PP) en 2005, cando Pablo Casado era o presidente de Novas Xeracións en Madrid,[3] en 2006 foi fichada por Alfredo Prada, conselleiro de Xustiza e Interior do Goberno da Comunidade de Madrid, para o seu departamento de prensa, onde conseguiu a confianza de Esperanza Aguirre[4] para a que creou e xestionou a conta de Twitter do seu can, Pecas.[5] Especializada en comunicación política, dirixiu a área en liña do PP e estivo ao cargo da campaña dixital de Cristina Cifuentes en 2015.[6] Casada e divorciada con anterioridade,[1] mantivo unha relación co perruqueiro Jairo Alonso dende 2016 até novembro de 2020.[7]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Candidata da lista do PP para as Eleccións á Asemblea de Madrid de 2011, non resultou elixida como deputada. Porén entrou no parlamento rexional o 15 de xullo para cubrir a vacante por renuncia de Engracia Hidalgo.[8] Renovou a súa acta de deputada nas eleccións rexionais de 2015. Durante dita X lexislatura exerceu de voceira adxunta do seu grupo, posición que abandonou xunto coa súa condición de deputada con motivo do seu nomeamento como viceconselleira de Presidencia e Xustiza dio goberno rexional.[9]

O 11 de xaneiro de 2019 coñeceuse a decisión do presidente do PP, Pablo Casado, de nomeala cabeza de lista do seu partido de cara ás Eleccións á Asemblea de Madrid de 2019, postulándose así como candidata á presidencia da Comunidade de Madrid.[10][11]

Díaz Ayuso intervindo durante a sesión do pleno correspondente á súa investidura como presidenta rexional.

Nas eleccións do 26 de maio de 2019, a lista do PP obtivo un 22,23 % de votos válidos e 30 escanos, sendo a segunda lista máis votada despois da do PSOE, lista máis votada cun 27,31 % de votos válidos e 37 escanos[12]. Pese a quedar por detrás dos socialistas sumaba maioría absoluta con Ciudadanos e Vox para conservalo goberno, se ben este acordo tardou en chegar.

Desta forma, mentres o acordo non fructificaba o presidente da Asemblea de Madrid Juan Trinidad (Ciudadanos) programou unha insólita sesión de investidura sen candidato en xullo de 2019, sen sequera darlle a oportunidade ao candidato gañador, o socialista Ángel Gabilondo, de poder presentarse aínda que a priori contase co rexeitamento da maioría dereitista da cámara[13]. Finalmente o acordo fructificou e o 14 de agosto foi investida como presidenta do Goberno rexional con 68 votos a prol (correspondentes aos deputados dos grupos parlamentarios Popular, de Ciudadanos e Vox en Madrid) e 64 en contra (correspondentes aos deputados dos Grupos Parlamentarios Socialista, Más Madrid e Unidas Podemos-Esquerda Unida-Madrid en Pie). Desta forma conformoun un goberno de coalición con Ciudadanos co apoio externo de Vox.

En marzo de 2021, ante unha suposta ameaza de moción de censura da esquerda apoiada polo seu socio Ciudadanos decidiu expulsar a esta formación do goberno e convocar eleccións para o 4 de maio. En ditas eleccións, a candidatura do Partido Popular acadou unha contundente vitoria con 1.620.213 votos (44,3% dos votos emitidos), que lle outorgaron 65 deputados da Asemblea, máis do dobre que os acadados nas anteriores eleccións. Se ben non consigueu a maioría absoluta que ostentara anos atrás o partido por 4 escanos, en termos absolutos trátase do maior número de votos da historia para calquera candidatura nunhas eleccións á Asemblea de Madrid, superando os récord de apoio de Esperanza Aguirre no 2007 grazas ao récord de participación tido lugar na xornada electoral. Desta forma foi reelixida co apoio de Vox, conformando un goberno monocolor co apoio externo de dito grupo.

Nas Eleccións á Asemblea de Madrid de 2023 logrou a maioría absoluta con 70 escanos dos 135 da cámara autonómica, se ben logrou un menor número de votos dado o descenso de participación, subindo en porcentaxe de de voto ata un 47%.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 María Palmero (22 de marzo de 2020). "Isabel Díaz Ayuso, al descubierto: su divorcio, su novio, su drama familiar y más". vozpopuli.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Isabel Díaz Ayuso". Portal de Transparencia. 24 de xuño de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  3. S.L (15 de xaneiro de 2019). "Lo que no sabes sobre Díaz Ayuso y Martínez-Almeida, candidatos del PP en Madrid para el 26-M". ABC. 
  4. Tena, Arturo (16 de xaneiro de 2019). "Aguirre resucita en la política madrileña con la elección de Ayuso y Almeida como candidatos". La Mirada Común. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  5. "Díaz Ayuso gestionaba el Twitter de Pecas, el perro de Esperanza Aguirre, ya fallecido". ABC. 30 de maio de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  6. "PERFIL | Isabel Díaz Ayuso, la que elevó a Cifuentes a la Presidencia". Madridiario. 19 de maio de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2019. 
  7. "Isabel Díaz Ayuso rompe con su novio, el peluquero Jairo Alonso". elperiodico.com. 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  8. "Toma de posesión de Isabel Díaz Ayuso como diputada" (PDF). Boletín Oficial de la Asamblea de Madrid. 15 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2019. 
  9. "DECRETO 85/2017, de 26 de septiembre, del Consejo de Gobierno, por el que se nombra Viceconsejera de Presidencia y Justicia a doña Isabel Díaz Ayuso" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid. 26 de setembro de 2017. 
  10. López Macías, Javier (11 de xaneiro de 2019). "Garrido, el sustituto sustituido". Madridiario. 
  11. "Casado elige dos perfiles "duros" para las candidaturas a la Comunidad y el Ayuntamiento". El Mundo. 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2019. 
  12. Xunta Electoral Provincial de Madrid: "Elecciones a la Asamblea de Madrid 2019" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid núm. 134, de 7 de xuño de 2019: 106–108. ISSN 1989-4791. 
  13. Mateo, Juan José. "El presidente de la Asamblea reconoce la controversia de no presentar a Gabilondo a la investidura". El País.