Premios Isabel Zendal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir cos Premios Isabel Zendal do Sindicato de Enfermería SATSE.

Os Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato tiveron a súa primeira convocatoria no ano 2019. Están organizados pola asociación sen ánimo de lucro Círculo Escéptico e patrocinados pola Universidade da Coruña. A súa finalidade é fomentar a práctica do escepticismo e do pensamento crítico e honran a figura de Isabel Zendal. Está dirixido ao alumnado da ESO e de bacharelato do Estado Español.

Bases dos Premios[editar | editar a fonte]

Este premio toma o seu nome da galega Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira do mundo en misión humanitaria e un exemplo de rigor e sistemática, un exemplo para o pensamento crítico e o escepticismo.

O obxectivo destes premios é fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento racional na súa calidade de instrumento indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.

Está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da ESO ata o segundo curso de bacharelato.

Consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato, e mais os ciclos formativos de grao medio.

A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.[1][2]

Premios[editar | editar a fonte]

I Edición (2019)[editar | editar a fonte]

O xurado, que estivo composto por Margarita Amor López, Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Mª Cristina Naya Riveiro, concedeu os premios:[3]

Primeiro premio, categoría A. Jaume Reus Bennàssar. La desinformación, su clasificación y cómo evitarla

Segundo premio, categoría A. Ryu Tenreiro Sashida. Escepticismo sobre el terraplanismo

Terceiro premio, categoría A. Javier Cámara Neira. Frenología

Primeiro premio, categoría B. Jimena Rubio Juncal. Pseudoterapias: ¿alternativa o mentira?

Segundo premio, categoría B. Pablo Mosquera Pena. La intolerancia a la lactosa deja de ser la excepción

Terceiro premio, categoría B. Claudia Hernández Suárez. El movimiento antivacunas

Accésit, categoría B. Valentina Matos Sanín. Alimentos orgánicos: una estafa que está de moda

II Edición (2020)[editar | editar a fonte]

O xurado, que estivo composto por Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González, Xoán Luís López Viñas e Mª Cristina Naya Riveiro, concedeu os premios:[4]

Primeiro premio, categoría A. Lucas Castro Cano. Desmontando a criptozooloxía

Segundo premio, categoría A. Yolanda Rey Chenlo. Suplemento mineral “milagroso”

Terceiro premio, categoría A. Icía Amboage Maneiro. Os astros non me din nada

Primeiro premio, categoría B. Iván Villar Naredo. Hipersensibilidad electromagnética: la pseudociencia del día a día

Segundo premio, categoría B. Jaume Reus Bennàssar. Coronavirus: pandemia mundial (de bulos)

Terceiro premio, categoría B. Pablo Mosquera Pena. ¿Solidaridad o hipocresía? El futuro de nuestras sociedades

Accésit, categoría B. Claudia Hernández Suárez. La infodemia suma un nuevo contagio

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • VV.AA (2019). Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. I edición. (Universidade da Coruña). Publicación recompilatoria que inclúe os traballos premiados na I edición[3]. ISBN 978-84-9749-763-3
  • VV.AA (2020). Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. II edición. (Universidade da Coruña). Publicación recompilatoria que inclúe os traballos premiados na II edición[4]. ISBN 978-84-9749-646-9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Premios Zendal. Premios al fomento del pensamiento crítico". Premios Zendal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 2021-02-20. 
  2. "Sede electrónica da UDC - Información do anuncio". sede.udc.gal. Consultado o 2021-02-20. 
  3. 3,0 3,1 Reus Bennásar, Jauma; Tenreiro Sashida, Ryu; Cámara Neira, Javier; Rubio Juncal, Jimena; Pena Mosquera, Pablo; Hernández Suárez, Claudia; Matos Sanín, Valentina (2019). Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. I edición. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-763-3. 
  4. 4,0 4,1 Castro Cano, Lucas; Rey Chenlo, Yolanda; Amboage Maneiro, Icía; Villar Naredo, Iván; Reus Bennàssar, Jaume; Mosquera Pena, Pablo; Hernández Suáñez, Claudia (2020). "Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. II edición". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]