Vicente Lobit Rodríguez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vicente Lobit.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1816 valor descoñecido |
Morte | novembro de 1882 (65/66 anos) Burgos, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
2 de xaneiro de 1869 – 1869 ← Indalecio Armesto – Eugenio Alau → | |
Gobernador civil de Toledo | |
Gobernador civil da provincia de Palencia | |
Gobernador civil da provincia de León | |
Gobernador civil da provincia de Valladolid | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Fillos | Vicente Lobit Rivera |
Vicente Lobit Rodríguez, finado en Burgos en novembro de 1882,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ourense en 1843 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1854. Foi o primeiro presidente do Liceo de Ourense (1850)[2]. No Sexenio Democrático presidiu a Xunta Revolucionaria de Ourense[3], foi nomeado gobernador civil de Pontevedra e o 2 de xaneiro de 1869 presidente da Deputación de Pontevedra. En febreiro de 1869 foi nomeado gobernador civil de Palencia e en setembro de León; en 1871 de Toledo e despois de Valladolid e en 1874 de Valencia.
Predecesor: Indalecio Armesto |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1869 |
Sucesor: Eugenio Alau |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario Oficial de Avisos de Madrid, 27-11-1882, p. 3.
- ↑ "Un paseo por los recuerdos del Liceo". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 02 de outubro de 2012.
- ↑ Historia de Barbadás[Ligazón morta]