Imperio Sikh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Imperio sikh»)
Modelo:Xeografía políticaImperio Sikh

HimnoDeg Tegh Fateh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalLahore
Gujranwala (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.500.000 Editar o valor em Wikidata (3.052,11 hab./km²)
Lingua oficiallingua persa
lingua punjabi Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie491,464 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1733 Editar o valor em Wikidata
Disolución1849 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquia federal (pt) Traducir
monarquía Editar o valor em Wikidata

O Imperio Sikh foi un estado do subcontinente indio, que xurdiu en torno ao liderado do maraxá Ranjit Singh, que estableceu un imperio secular, baseándoo na rexión do Punjab, ocupando territorios actualmente localizados na India e no Paquistán.[1] O imperio existiu a partir de 1799, cando Ranjit Singh capturou Lahore, ata 1849 e foi forxado nas fundacións da Khalsa, a partir da reunión de varios misls (pequenos estados soberanos sikhs) autónomos.[2][3] No seu auxe no século XIX, o imperio estendeuse do paso Khyber no oeste ao Tíbet occidental no leste e de Mithankot no sur á Caxemira no norte. Foi a última gran rexión do subcontinente en ser conquistada polos británicos.

As fundacións do Imperio Sikh poden trazarse dende polo menos 1707, o ano da morte de Aurangzeb e o inicio da caída do Imperio Mogol. Cos mogois significativamente enfraquecidos, o exército sikh, coñecido como Dal Khalsa, un rearranxo da Khalsa, inaugurada anos antes polo Gurú Gobind Singh, liderou expedicións contra os mogois e contra os paxtos no oeste. Isto levou a un crecemento do exército, que se dividiu en varias confederacións ou misls semiindependentes. Cada un dos exércitos compoñentes controlaba distintas áreas e cidades. Non obstante, no período entre 1762 e 1799, os comandantes sikhs dos misls estaban a volverse cada vez máis xefes militares autónomos e independentes.

A formación do imperio comezou coa toma de Lahore por Ranjit Singh, do seu gobernante afgán, Zaman Shah Durrani, e a conseguinte e progresiva expulsión dos paxtos do Punjab e a unificación dos distintos misls sikhs. Ranjit Singh foi proclamado como maraxá do Punjab o 12 de abril de 1801, creando unha unidade política. Sahib Singh Bedi, descendente do Gurú Nanak, conduciu a coroación.[4] Ranjit Singh ascendeu ao poder nun período moi curto, de líder dun misl a maraxá de todo o Punjab. Comezou a modernizar o seu exército, empregando técnicas contemporáneas de adestramento, así como armamento e artillaría. Trala morte de Ranjit Singh, o imperio enfraqueceu por divisións internas e má administración. En 1849 o imperio caeu trala derrota nas guerras anglo-sikhs.

Durante súa existencia, de 1799 a 1849, o Imperio Sikh dividiuse en catro provincias: Lahore, Multan, Peshawar e Caxemira.

Historia[editar | editar a fonte]

O Harmandir Sahib, coñecido como Templo Dourado, en Amritsar.

Goberno mogol do Punjab[editar | editar a fonte]

A relixión sikh foi contemporánea á conquista do norte da India por Babur, fundador do Imperio Mogol. O seu neto, Akbar, apoiou a liberdade relixiosa tras visitar o langar de Gurú Amar Das, tendo unha impresión favorábel do sikhismo. Como resultado da súa visita, Akbar doou terras ao langar e os gurús sikhs gozaron dunha boa relación cos mogois ata a morte del en 1605.[5] No entanto, o seu sucesor Jahangir, vía nos sikhs unha ameaza política. Ordenou ao Gurú Arjun Dev, que fora prendido por apoiar a rebelión de Khusrau Mirza, a mudar a pasaxe referente ao Adi Granth (conxunto de textos relixiosos que máis tarde compuxo o Gurú Granth Sahib).[6] Cando o gurú se rexeitou, Jahangir ordenou que Arjun Dev fose executado a través de tortura.[7] O martirio do gurú Arjan Dev levou o sexto gurú, Har Gobind, a declarar a soberanía sikh na creación do Akal Takht e o establecemento dunha fortaleza para defender Amritsar.[8] Jahangir tentou asegurar a autoridade sobre os sikhs, prendendo o gurú Har Gobind en Gwalior, mais liberouno tras algúns anos, cando xa non se sentía máis ameazado. A comunidade sikh non afrontou máis problemas ata a morte de Jahangir en 1627. O fillo de Jahangir, Shah Jahan sentiuse insultado coa "soberanía" decretada polo Gurú Har Gobind e tras unha serie de ataques a Amritsar forzou os sikhs a recuaren para as montañas de Sivalik.

O gurú seguinte, Gurú Har Rai, mantivo a súa autoridade nesas montañas, derrotando as tentativas locais de tomar as terras sikhs e exercendo un papel neutro na loita de poder entre dous dos fillos de Shah Jahan, Aurangzeb e Dara Shikoh, polo control do Imperio Mogol. O noveno gurú, Tegh Bahadur, trasladou a comunidade sikh a Anandpur e viaxou extensivamente para visitar e desafiar a Aurangzeb, que tentaba impor a Ram Rai como o novo gurú. O Gurú Tegh Bahadur axudou os pandits da Caxemira a non se converteren ao islam e foi prendido por Aurangzeb. Cando tivo que escoller entre a conversión ao islam e a morte, Tegh Bahadur preferiu morrer a comprometer a súa fe, sendo executado.[9]

Formación da Khalsa polo Gurú Gobind Singh[editar | editar a fonte]

A batalla de Muktsar, en decembro de 1705.

Gurú Gobind Singh asumiu a condición de gurú en 1675 e para evitar batallas na rexión de Sivalik mudou a sede dos seus dominios a Paonta Sahib. Alí, ergueu unha fortaleza e formou un exército para protexer a cidade. O poder crecente da comunidade sikh alarmou os raxás das montañas de Sivalik que tentaron atacar a cidade, mais foron repelidos polas tropas de Gobind Singh na batalla de Bhangani. Marchou a Anandpur e estabeleceu a Khalsa, un exército colectivo de sikhs iniciados, en 30 de marzo de 1699. O establecemento da Khalsa uniu a comunidade sikh contra varios pretendentes á condición do gurú apoiados polos mogois.[10] En 1701, un exército combinado dos rxjás das montañas de Sivalik e os mogois de Wazir Khan atacaron Anandpur. A Khalsa retrocedeu mais reagrupouse para derrotar os mogois na batalla de Muktsar. En 1707, o Gurú Gobind Singh aceptou un convite do sucesor de Aurangzeb, Bahadur Shah I, para atopalo. O encontro ocorreu en Agra o 23 de xullo de 1707.[11] O gurú foi recibido con honras polo emperador e alí permaneceu ata novembro daquel ano.

En agosto de 1708 o gurú Gobind Singh visitou Nanded. Alí atopou un bairāgī recluso, Madho Das, e converteuno ao sikhismo, dándolle un novo nome, Banda Singh.[11][12] Mentres estaba en Nanded o gurú foi atacado por dous paxtos a soldo de Nawāb Wazīr Khān de Sirhind. Bahadur Shah enviou cirurxiáns, que suturaron as feridas. Aínda que aparentemente cicatrizaran, abríronse novamente e o último gurú sikh faleceu o 7 de outubro de 1708.

Banda Singh Bahadur[editar | editar a fonte]

Banda Singh Bahadur (tamén coñecido como Lachman Das, Lachman Dev e Madho Das[12]), (1670–1716) coñeceu o Gurú Gobind Singh en Nanded e adoptou a fe sikh. Pouco tempo antes da súa morte, o gurú Gobind Singh ordenoulle que reconquistase o Punjab e deulle unha carta que ordenaba a todos os sikhs que se xuntasen con el. Tras pasar dous anos reunindo apoiadores, Banda Singh Bahadur iniciou un levantamento agrario nos latifundios das familias de Zamindar, distribuíndo as terras entre os campesiños pobres que plantaban naquela terra.[13] Banda Singh Bahadur iniciou a súa rebelión coa derrota dos exércitos mogois en Samana e Sadhaura e a rebelión culminou coa derrota de Sirhind. Durante a rebelión, Banda Singh Bahadur determinouse a destruír as cidades nas cales os mogois foran crueis cos seguidores do gurú Gobind Singh. Executou Wazir Khan como vinganza polas mortes dos fillos de Gobind Singh e de Budhu Shah trala vitoria sikh en Sirhind.[14] Gobernou o territorio entre os ríos Sutlej e Yamuna, estableceu a capital nos Himalaias en Lohgarh e cuñou moedas cos nomes do Gurú Nanak e do Gurú Gobind Singh. En 1716, o seu exército foi derrotado polos mogois durante a tentativa de defender a fortaleza en Gurdas Nangal. El foi capturado con 700 dos seus homes, sendo todos mandados a Delhi, onde foron torturados e executados tras rexeitar a conversión ao islam.[15]

Dal Khalsa[editar | editar a fonte]

Sikh misls[editar | editar a fonte]

O período de 1716 a 1799 foi moi turbulento, tanto políticas como militarmente, na rexión do Punjab. Isto foi causado polo declive acentuado do Imperio Mogol, que deixou un baleiro de poder na rexión, posteriormente cuberto polos sikhs ao final do século XVIII, tras derrotaren varias invasións afgás do Imperio Durrani e ocasionalmente loitando contra musulmáns hostís do Punjab, aliados con outras forzas de musulmáns.[16] Os sikhs acabaron formando pequenos estados soberanos (misls), posteriormente unificados polo maraxá Ranjit Singh.

Formación[editar | editar a fonte]

Cadro en miniatura do maraxá Ranjit Singh do Punjab en 1830. Do álbum de fotografías das familias principescas dos territorios sikhs e rajput polo coronel James Skinner (1778–1841)

Os sikhs mantiveron unha intensa colaboración na defensa contra as incursións iniciadas por Ahmad Shah Durrani, líder do Imperio Durrani. A cidade de Amritsar foi atacada varias veces. Ese período é citado polos historiadores sikhs como o "Século Heroico", termo empregado para describir o ascenso dos sikhs ao poder imperial en contra das posibilidades. As circunstancias contrarias estaban no ambiente relixioso hostil aos sikhs e a súa poboación menos numerosa ca a dos outros grupos políticos e relixiosos.

Ranjit Singh, fundador do Imperio Sikh, nunha reunión no inicio do século XIX.

O inicio formal do Imperio Sikh comezou coa fusión dos misls na época da coroación de Ranjit Singh en 1801, creando un estado unificado. Todos os líderes sikhs, afiliados ao exército, eran da nobreza, normalmente con historias longas e prestixiosas dentro da historia dos sikhs.[2][17] A maior presenza xeográfica do Imperio Sikh foi na rexión do Punjab, indo do paso Khyber no oeste, á Caxemira no norte, ao Sindh ao sur, e ao Tíbet ao leste. Dende o punto de vista da demografía, a distribución relixiosa do Imperio Sikh era: 70% de musulmáns, 17% de sikhs e 13% de hindús.[18] En 1799 Ranjit Singh trasladou a capital de Gujranwala a Lahore, establecida en 1763 polo seu avó, Charat Singh.[19]

Hari Singh Nalwa[editar | editar a fonte]

Hari Singh Nalwa foi comandante en xefe do exército sikh entre 1825 e 1837.[20] É coñecido polo seu papel nas conquistas de Kasur, Sialkot, Multan, Caxemira, Attock e Peshawar. Nalwa liderou o exército sikh na liberación de Shuja Shah Durrani na Caxemira e mantivo a posesión do diamante Koh-i-Nor para o maraxá Ranjit Singh. Foi o gobernador da Caxemira e de Hazara, establecendo a cuñaxe de moedas co nome do Imperio Sikh para facilitar a recadación. A súa política fronteiriza de manter o paso Khyber foi máis tarde empregada polo Raj Británico. Nalwa foi responsábel da expansión das fronteiras do Imperio Sikh ata o río Indo. No momento da súa morte, a fronteira occidental do Imperio Sikh ía ata o paso Khyber. A súa morte na Batalla de Jamrud foi unha perda significativa para o Imperio Sikh.

Fin do imperio[editar | editar a fonte]

Trala morte de Ranjit Singh en 1839, o imperio ficou severamente enfraquecido polas divisións internas e pola má administración política. Esta oportunidade foi aproveitada pola Compañía Británica das Indias Orientais para facer a primeira guerra anglo-sikh.

A batalla de Ferozeshah en 1845 tivo moitas reviravoltas, onde os británicos atoparon o exército do Punjab nunha batalla de canóns na cal os sikhs lidaron co "mellor da artillaría británica". Como os británicos fixeron numerosos adiantos, os europeos no seu exército eran tomados como albos en especial, porque os sikhs crían que se o exército "se desmoralizase, a espiña dorsal das posicións inimigas sería quebrada".[21] A loita continuou durante toda a noite. A posición británica "creceu en gravidade ao longo da noite" e "sufriu baixo espantosas con cada membro do persoal do gobernador xeral sendo morto ou ferido".[22] Non obstante, o exército británico tomou e mantivo Ferozeshah. O xeneral británico, sir James Hope Grant, dixo: "Verdadeiramente a noite foi de escuridade e talvez xamais nos anais das guerras houbo un exército británico en escala tan grande e próxima dunha derrota que envolvese súa aniquilación".

As razóns para a retirada dos sikhs de Ferozeshah son discutidas. Algúns cren que foi algunha traizón dun comando non sikh do propio exército que levase as tropas dos sikhs a retroceder por unha forza británica precaria e de xeito devastador. Outros cren que unha retirada técnica sería unha mellor estratexia.[23]

O Imperio Sikh desapareceu finalmente ao final da segunda guerra anglo-sikh en 1849, dividido en distintos estados principescos e a provincia do Punjab na India Británica. Eventualmente, formouse un vicegoberno en Lahore como representante directo da Coroa británica.

Política relixiosa[editar | editar a fonte]

O Imperio Sikh era idiosincrático na medida en que permitía homes doutras relixións que non fose o sikhismo que exercesen posicións de mando.[24] De feito, devotos de todas as relixións eran respectados de igual xeito polos sikhs e polos seus gobernantes. Sadhus, santos, bairagis e ioguis hindús, faquires e pirs musulmáns; e sacerdotes cristiáns eran todos considerados dignos da atención sikh.

O hinduísmo enfatiza a santidade das vacas;[25] entón, impúxose de forma universal unha prohibición de abater as vacas en Sarkar Khalsaji.[26] Ranjit Singh quería o diamante Koh-i-Noor, que estaba baixo o seu poder, para o tempo Jagannath en Puri, Odisha no seu leito de morte en 1839.[27] Ranjit Singh tamén doou grandes cantidades de ouro para a construción de templos hindús non só nos seus dominios, mais tamén en áreas que estaban baixo o control dos maratas, cos cales os sikhs mantiñan relacións cordiais.

O legado máis duradeiro de Ranjit Singh foi a beatificación dourada do Harmandir Sahib, o Gurudwara máis reverenciado polos sikhs, con mármore e ouro, do cal vén o nome popular de "Templo Dourado".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ranjit Singh: A Secular Sikh Sovereign by K.S. Duggal. ''(Date:1989. ISBN 8170172446'')". 3 de setembro de 2015. Consultado o 2009-08-09. 
  2. 2,0 2,1 Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, (Edición: Volume V22, Data: 1910–1911), páxina 892.
  3. Grewal, J. S. (1990). The Sikhs of the Punjab, Chapter 6: The Sikh empire (1799–1849). The New Cambridge History of India. ISBN 0 521 63764 3. 
  4. The Encyclopaedia of Sikhism Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., section Sāhib Siṅgh Bedī, Bābā (1756–1834).
  5. Kalsi 2005
  6. Markovits 2004
  7. Melton, J. Gordon (15 de janeiro de 2014). Faiths Across Time: 5,000 Years of Religious History. p. 1163. 
  8. Jestice 2004
  9. Johar 1975
  10. Jestice 2004
  11. 11,0 11,1 "Gobind Singh Gurú (1666-1708)". Arquivado dende o orixinal o 2014-05-08. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  12. 12,0 12,1 "Banda Singh Bahadur". Consultado o 15 de maio de 2013. 
  13. Singh 2008
  14. Nesbitt 2005
  15. Singh, Kulwant (2006). Sri Gur Panth Prakash: Episodes 1 to 81. p. 415. ISBN 9788185815282. 
  16. "Sikh Period - National Fund for Cultural Heritage". 14 de agosto de 1947. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 9 de agosto de 2009. 
  17. "MAHARAJAH RANJIT SINGH ... - Online Information article about MAHARAJA RANJIT SINGH". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de agosto de 2009. 
  18. "Ranjit Singh: A Secular Sikh Sovereign by K.S. Duggal. ''(Date:1989. ISBN 81-7017-244-6'')". 1 de febreiro de 2009. Consultado o 9 de agosto de 2009. 
  19. World and Its Peoples: Middle East, Western Asia, and Northern Africa. 2007. p. 411. ISBN 9780761475712. 
  20. Roy, K.; Roy, L.D.H.K. (2011). War, Culture and Society in Early Modern South Asia, 1740-1849. p. 147. ISBN 9781136790874. 
  21. Ranjit Singh: administration and British policy, (Prakash, p.31-33)
  22. Maharaja Ranjit Singh, the last to lay arms, (Duggal, p.136-137)
  23. Frasier, G.M. (1990) Flashman and the Mountain of Light, Harper-Collins, Londres
  24. Kartar Singh Duggal (1-1-2001). Maharaja Ranjit Singh: The Last to Lay Arms. Abhinav Publications. pp. 125–126. ISBN 978-81-7017-410-3.
  25. Lodrick, D.O. 1981. Sacred Cows, Sacred Places. Berkeley: University of California Press, p. 145
  26. Vigne, G.T., 1840. A Personal Narrative of a Visit to Ghuzni, Kabul, and Afghanistan, and a Residence at the Court of Dost Mohammed..., Londres: Whittaker and Co. p. 246
  27. The Real Ranjit Singh; por Fakir Syed Waheeduddin, publicado por Punjabi University, ISBN 81-7380-778-7, 1 de xaneiro de 2001, 2nd ed.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]