Babur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBabur

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) ظهیرالدین مُحمَّد بابُر Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1483 Editar o valor em Wikidata
Andizhan (Dinastia Timúrida) Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1530 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Agra - आगरा (Imperio mogol) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGardens of Babur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mughal emperor (en) Traducir
21 de abril de 1526 – 26 de decembro de 1530
← sen valor – Humayun → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Imperio mogol Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , monarca , autobiógrafo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLíngua chagatai (pt) Traducir, lingua persa e árabe Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloSultán Editar o valor em Wikidata
FamiliaMughal dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAisha Begum (pt) Traducir (1499–1503), divorcio
Masuma Sultan Begum (en) Traducir
Maham Begum (pt) Traducir
Mubarika Yusufzai (pt) Traducir
Zainab Sultan Begum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaBaburi Andijani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMirza Hindal (pt) Traducir, Fakhr-un-Nissa (pt) Traducir, Gulchehra Begum (pt) Traducir, Altun Bishik (pt) Traducir, Masuma Sultan Begum (en) Traducir, Askari Mirza (pt) Traducir, Humayun, Kamran Mirza (pt) Traducir, Gulbadan Begum (pt) Traducir, Gulrukh Begum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisUmar Shaikh Mirza II (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Qutlugh Nigar Khanum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKhanzada Begum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 10476402 Editar o valor em Wikidata

Zahir-ud-din Mohammad Babur (en persa: بابر, transliterado Bābur, en turco: Babür Han), coñecido como Babur, Babar, Baber ou Bābor,[1] nado en Andijon o 16 de febreiro de 1483 e finado en Agra o 26 de decembro de 1530, foi un emperador e fundador do Imperio mogol da India. Era descendente do conquistador turco-mongol Tamerlán.[2] Foi autor das súas memorías e de varias poesías.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Babur, que significa "tigre",[4] naceu como Zahīr ud-Dīn Muhammad na cidade de Andijon, no actual Uzbekistán, o 16 de febreiro de 1483.[2] Era fillo de Omar Sheikh, rei de Fergana e de Qutlugh Nigar Khanum, filla do Khan de Mogolistán e descendente directa do propio Xenxis Kan. Ao morrer o seu pai, Babur ascendeu ao trono en 1495 cando contaba con tan só 12 anos. A pesar de que algúns dos seus tíos tentaron derrocalo, Babur mantívose firme como soberano.

En 1497 aproveitando o baleiro de poder na cidade de Samarcanda trala morte do seu tío Ahmed Mirza, atacouna e conquistouna tras un asedio de sete meses. Porén, só puido gozar da súa posesión durante tres meses, xa que ao pouco de conquistala moitos dos seus soldados desertaron ao non recibir o botín esperado, ao mesmo tempo que nas súas posesións do val de Fergana, os nobres locais colocaron no poder un dos seus medios irmáns, Jahangir, de doce anos. Abandonou a toda velocidade Samarcanda instalándose cos seus seguidores en Khujand dende onde dirixiu a lenta recuperación das súas posesións, o cal lle levou dous anos.

En febreiro do ano 1500 finalmente chegou a un acordo co seu medio irmán. Ese mesmo ano Muhammad Shaybani Khan caudillo dunha ruda tribo de uzbekos vindos das estepas do norte, apoderouse de Samarcanda; foi a primeira vez en máis de cen anos que tiña un goberno de intrusos non timúridas.

Rapidamente Babur xunto ao seu medio irmán levantou un exército póndose en marcha para reparar a ofensa e, nun momento de ausencia de Shaybani Khan, conquistou a cidade por segunda vez. Non obstane, Muhammad Shaybani volveu na primavera do ano seguinte e novamente púxoa baixo asedio; ao chegar o inverno a falta de recursos provocou que moitos soldados de Babur desertasen e a este non lle quedou outra que negociar. Entre o acordado estaba a entrega da irmá máis vella de Babur, Khānzāda, como esposa de Shaybani; esta pasou dez anos de horror no harén do uzbeko.

Empregou tres anos en organizar un exército que fose o suficientemente forte como para permitirlle recuperar os territorios perdidos. En 1504 tiña xa suficientes tropas. Tras cruzar o Hindu Kush, conquistou a cidade de Cabul e volveu estar á cabeza dun importante reino.

Tras a morte de Shaybani en 1510, Babur reclamou as súas posesións orixinais para o que contou coa axuda de Ismail Safavi. En 1511 realizou unha entrada triunfal en Samarcanda, mais en 1514 sufriu unha nova derrota a mans dos uzbekos e tivo que regresar a Cabul.

Perdendo toda esperanza de recuperar Fergana, Babur concentrou os seus esforzos na India. Realizou algunhas incursións previas ata que en 1521 se lle presentou a oportunidade de realizar un ataque máis importante. Os nobres do sultanato de Delhi detestaban o seu sultán, Ibrahim Lodi, e pediron axuda a Babur.

Babur co seu fillo Humayun.

Cun exército de doce mil homes e unha artillaría limitada avanzou cara a Delhi. Ibrahim contaba con cen mil soldados e cen elefantes. O 21 de abril de 1526 ambos os exércitos atopáronse na chamada primeira batalla de Panipat. Ibrahim foi asasinado na batalla e Babur, que se proclamou Padshah Ghazi (emperador da India), entrou xunto ao seu fillo Humayun en Agra sen dificultades.

Con todo, aínda tivo que enfrontarse a un inimigo máis poderoso, Rana Sanga, que o atacou cun exército de douscentos mil homes. O exército de Babur, a pesar de estar canso e famento, conseguiu derrotar as tropas de Sanga na batalla de Khanua o 16 de marzo de 1527. Babur converteuse no señor absoluto da India setentrional.

Pasou o resto dos seus días organizando o seu novo imperio dende Agra, a súa capital. Morreu á idade de 47 anos e sucedeuno o seu fillo Humayun. Está enterrado en Cabul.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. F. Lehmann: Ẓahīr-al-Dīn Moḥammad Bābor. En Encyclopædia Iranica. Online Ed. Decembro de 1988
  2. 2,0 2,1 Margolin, Jean-Claude. Los Inicios de la Edad Moderna (en castelán). Madrid, España: Ediciones Akal. ISBN 84-7600-674-8. 
  3. Barraclough, Geoffrey. The Times Atlas of World History (en inglés). Londres, Reino Unido: Times Books. 
  4. Dale, Stephen Frederic (2004). The garden of the eight paradises: Bābur and the culture of Empire in Central Asia, Afghanistan and India (1483–1530). Brill. pp. 15, 150. ISBN 90-04-13707-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "'Turks and Afghan' and 'The Mughal Period'". Cambridge History of India. Vol. III & IV,. Cambridge. 1928. 
  • Alam, Muzaffar & Subrahmanyan, Sanjay (Eds.) The Mughal State 1526–1750 (Delhi, 1998)
  • Balabanlilar, Lisa (2012). Imperial Identity in the Mughal Empire: Memory and Dynastic Politics in Early Modern South and Central Asia. Londres: I.B. Tauris. 
  • Gascoigne, Bamber The Great Moghuls (Londres, 1971)
  • Eraly, Abraham (2007). Emperors Of The Peacock Throne: The Saga of the Great Moghuls. Penguin Books Limited. ISBN 978-93-5118-093-7. 
  • Gommans, Jos Mughal Warfare (Londres, 2002)
  • Gordon, Stewart. When Asia was the World: Traveling Merchants, Scholars, Warriors, and Monks who created the "Riches of the East" Da Capo Press, Perseus Books, 2008. ISBN 0-306-81556-7.
  • Hasan, Mohibbul (1985). Babur: Founder of the Mughal Empire in India. New Delhi: Manohar Publications. 
  • Irvine, William The Army of the Indian Moghuls. (Londres, 1902)
  • Jackson, Peter The Delhi Sultanate. A Political and Military History (Cambridge, 1999)
  • Richards, John F. The Mughal Empire (Cambridge, 1993)