Illa Vulcano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vulcano
Therassía
Isola vulcano.jpg
Vulcanello (primeiro plano) e Vulcano (segundo plano)
Aeolian Islands map.png
Localización da illa
Situación
País Italia Italia
Arquipélago Illas Eolias
Mar Mar Mediterráneo
Coordenadas 38°24′00″N 14°58′00″L / 38.40000, -14.96667Coordenadas: 38°24′00″N 14°58′00″L / 38.40000, -14.96667
Xeografía
Xeoloxía Illa volcánica
Superficie 20'87 km²
Punto máis alto 499 m.
Demografía
Capital Vulcano Porto
Poboación 715 hab. (2001)
Lingua propia Italiano

Vulcano é unha pequena illa volcánica no mar Tirreno, uns 25 quilómetros ao norte de Sicilia é a illa Eolia máis meridional. Ten unha extensión de 21 km² e unha altura de 499 metros, contén varios centros volcánicos, incluíndo un dos catro volcáns activos non subterráneos de Italia. Está unida á illa de Vulcanello, pero antigamente estaban separadas. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

O antigos gregos chamaron a illa Therassía Therassía (Θηρασία) e Thérmessa (Θέρμεσσα, fonte de calor). A illa aparece nos seus mitos como o taller privado do deus olímpico Hefesto, protector dos ferreiros, que posuía outros dous no Etna e no Olimpo. Estrabón tamén menciona Thermessa como lugar sagrado de Hefesto (ἱερὰ Ἡφαίστου), pero non está claro se tratábase dun terceiro nome da illa, ou simplemente un adxectivo.[1]

Do mesmo xeito os romanos crían que Vulcano era a cheminea do taller do deus Vulcano e polo tanto o nome da súa illa. A illa crecía debido á limpeza periódica de escouras e cinzas da súa forxa. Os terremotos que precedían ou acompañan ás explosións de cinza considerábase que debíanse a que Vulcano fabricabae armas para Marte e os seus exércitos para a guerra.[2]

Vista de Vulcano desde a illa de Lipari. No centro o illote verde da esquerda é Vulcanello, que está conectada a Vulcano por un istmo. O cono Fossa está inmediatamente detrás del.

Historia[editar | editar a fonte]

Os romanos utilizaron a illa, principalmente como fornecedor de materias primas, subministraba madeira, mineral de alume e azufre. Esta foi a principal actividade na illa ata o final do século XIX.

Cando o poder Borbon caeu en 1860 un británico chamado James Stevenson comprou a parte norte da illa, construíu unha Vila, volveu abrir as minas locais e plantou viñas que máis tarde se utilizaron para facer viño de Malvasía. Stevenson vivíu en Vulcano ata que a última gran erupción na illa, en 1888. A erupción durou case dous anos, momento no cal Stevenson vendeu a totalidade dos seus bens á poboación local, e nunca volveu á illa. A vila está aínda intacta.

A última erupción do volcán produciuse en 1890 e hoxe a maioría dos excursionistas acoden atraídos pola ascensión guiada ao Gran Cráter ou, polos espontáneos baños de lodo en Porto di Levante, os fumarentos fanghi bollenti aos que se atribúen efectos curativos das dores articulares.

O ascenso ao cráter de Vulcano é un paseo agradable que bordea o cono montañoso en menos dunha hora. Ao chegar á cima, truncada por unha gran fenda de 500 m de diámetro e que destila vapores ardentes, ábrese a mellor panorámica do arquipélago, con Lipari e Salina en primeiro plano e Filicudi e Panarea recortadas no horizonte.

Un carreiro ben visible permite bordear o perímetro do volcán entre manchas amarelas de xofre, cinzas a medio arder e un cheiro penetrante a ovo podrecido.

Fumarolas do cráter.

Ao descender de Vulcano e seguindo a pista fétida chégase aos lodos situados xunto ao Porto di Levante. Estas fontes terapéuticas veñen sendo utilizadas desde fai máis de 3.000 anos e as súas facultades medicinais foron a razón pola que moitos italianos pisaron por primeira vez estas illas.

Pódense tomar baños de lodo nun pequeno lago ao descuberto. As augas desprenden vapores de xofre que alivian a artrite. Os visitantes aplícanse os barros sobre a pel, que logo se poden retirar cun baño na praia que se estende a poucos metros do lago.

O tratamento finaliza expondo a parte doente ás emanaciones gasosas que desprenden as gretas das rocas.

Un escollo situado ao leste da illa e chamado a Parete della Sirenetta, recibe ese nome debido a que está coroado pola estatua dunha serea.

Baixo a auga destaca a variedade de flora e fauna, entre a que abundan os bancos de lagostas.

A zona do Capo Grosso é unha rara estrutura rochosa que penetra no mar e que se caracteriza por ser completamente lisa e vertical.

A illa de Vulcano é unha das máis visitadas e menos habitadas (470 residentes) das Eolias. A desorde inmobiliaria aprópiase do seu litoral.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strabo Geographica 1.2.10
  2. "CVO Menu - Volcanoes in Historical and Popular Culture". Vulcan.wr.usgs.gov. Consultado o 2013-08-26. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]