Hermon Atkins MacNeil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermon Atkins MacNeil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1866 Editar o valor em Wikidata
Everett (Massachusetts) (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMassachusetts College of Art and Design (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell Editar o valor em Wikidata
Membro de
Participou en
1932Xogos Olímpicos de 1932
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarol Brooks MacNeil (1895–valor descoñecido)
Premios

WikiTree: MacNeil-891

Hermon Atkins MacNeil, nado en Everett,[1] Massachusetts, o 27 de febreiro de 1866 e finado en Queens, Nova York, o 2 de outubro de 1947, foi un escultor e deseñador de moedas estadounidense.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hermon Atkins MaxNeil naceu na granxa familiar en Everett,[2] fillo do granxeiro e construtor John Clinton MacNeil e da súa esposa, Mary Lash. Asistiu á Massachusetts Normal Art School —logo coeñecida como Massachusetts College of Art and Design—, onde se graduou en 1886.[3][4]

Logo trasladouse a París para perfeccionar a súa formación, na Academie Julian e na Escola de Belas Artes,[4][5] con profesores como Henri Chapu e Alexandre Falguière.[3][6]

De regreso a América, instalouse primeiro no oeste, onde pasou unha tempada convivindo coas poboacións indíxenas e facendo esbozos para posteriores obras escultóricas.[2] Posteriormente dedicouse ao traballo nun estudio de Chicago, en tanto que ensinaba no Instituto de Arte desa cidade.[4][5]

A primeira muller de MacNeil, Carol Brooks, con dous dos seus fillos, en 1907.[7]

En 1895 acadou a bolsa Rinehart, grazas á cal puido pasar en Roma unha etapa formativa de catro anos (1896-1900), durante a cal se converteu no alumno predilecto de John Quincy Adams Ward.[3] Antes de marchar a Roma casou con Carol Brooks, unha antiga alumna tamén escultora, que o acompañou na súa estadía alí.[5]

Ao seu regreso aos Estados Unidos exerceu a docencia en varias das mellores escolas de arte do país. Foi un dos primeiros profesores de Debuxo e Modelaxe da Universidade Cornell,[5] e tamén ensinou no Pratt Institute, de Brooklyn, na Art Students League e na Academy of Design de Nova York.[8] Estableceuse en Queens, onde xa en 1900 montou un estudio propio no barrio de College Point, que se converteu no seu fogar durante 47 anos, ata o seu falecemento.[3][5]

Entre outras sociedades eruditas e artísticas, MacNeil foi presidente da National Sculpture Society e membro da National Academy of Design, da New York Architectural League, da New York Municipal Art Association, da American Federation of Arts, da American Academy in Rome e da Century Association. En 1906 foi escollido membro da American Academy of Arts and Letters.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Hermon Atkins MacNeil casou o 25 de decembro de 1895 con Carol Brooks MacNeil, unha das súas antigas alumnas e tamén unha destacada escultora,[7] con quen tivo tres fillos. Esta súa primeira esposa finou en 1944 e MacNeil casou en segundas nupcias con Cecilia Weick Muench, en 1946.[3][4]

MacNeil faleceu na súa casa en Queens, Nova York, o 2 de outubro de 1947.[4][9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

O cuarto de dólar da "Liberdade en pé" (1916) deseñado por Hermon Atkins MacNeil.

No seu estudio de Queens preparou obras tan salientables como Sun Vow e Primitive Chant —propiedade do Museo Metropolitano de Nova York—,[11] e The Moqui Runner;[12] o monumento a McKinley en Columbus;[13] as esculturas Coming of White Men,[14] en Portland, e Pony Express, en St. Joseph; a estatua do xeneral Clark en Vincennes; o monumento á guerra en Flushing Park, Queens; o baixorrelevo do edificio Marquette en Chicago;[15] ou diversas estatuas do xeneral Washington, entre outros traballos.[3]

Así mesmo, MacNeil realizou os bustos de Rufus Choate, Francis Parkman e James Monroe para o Salón da Fama da Universidade de Nova York e un busto do seu mestre e antigo patrocinador, John Quincy Adams Ward, para o Salón de Artistas da mesma universidade.[3]

Os traballos de MacNeil fixérono merecedor de medallas nas exposicións de Chicago, Buffalo, París e San Francisco. Tamén recibiu medallas na exposición de Charleston de 1902, na exposición de San Luís de 1904 e na exposición de Atlanta de 1895.[3]

Mais quizais a súa obra máis senlleira e recoñecida sexa o deseño da moeda dun cuarto de dólar da "Liberdade en pé", que se cuñou entre 1916 a 1930 e leva a súa inicial ("M") á dereita da data. Para se encargar deste traballo, MacNeil foi o gañador dun concurso no que participaron máis de 50 artistas.[3][4]

Outra das súas obras máis características é Justice, the Guardian of Liberty ("O gardián da Liberdade"), de 1935, no frontón leste do edificio do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.[16]

MacNeil foi un dos doce escultores invitados a participar no concurso de estatuas da Muller Pioneira en 1927.[17] A súa obra tamén formou parte dos concursos de arte dos Xogos Olímpicos de Verán de 1928 en Ámsterdam e de 1932 nos Ánxeles.[18]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outras fontes sinalan como lugar de nacemento a veciña localidade de Chelsea, Massachusetts. Véxase, por exeplo: Smith, P. (2012). Páxina 270.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Hermon A. MacNeil". Smithsonian American Art Museum.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 The Numismatist (1947). Páxina 780.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Smith, P. (2012). Páxina 270.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Holden, J. S. (1907). Páxina 9.418.
  6. Hugh, C. ed. (1911).
  7. 7,0 7,1 Holden, J. S. (1907). Páxinas 9.405.
  8. Holden, J. S. (1907). Páxina 9.419.
  9. The Numismatist (1947). Páxina 779.
  10. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  11. Holden, J. S. (1907). Páxinas 9.409, 9.411.
  12. Holden, J. S. (1907). Páxina 9.408.
  13. Holden, J. S. (1907). Páxinas 9.406-9.407.
  14. Holden, J. S. (1907). Páxina 9.410.
  15. Holden, J. S. (1907). Páxina 9.403.
  16. Holden, J. S. (1907). Páxinas 9.403-9.417.
  17. Exhibition of Models for a Monument to the Pioneer Woman [...]. Nº 11. Art Institute of Chicago. 1927.
  18. "Hermon Atkins MacNeil". Olympedia.org

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]